San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. En 2016 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres), nos lugares do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

Xeografía

Esta parroquia limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e O Castro de Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e Santo Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

As localidades da Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave de 5,4 quilómetros cadrados de superficie que está situado 450 metros ao leste do resto da parroquia. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

Galería de imaxes

Lugares de Doade

Parroquias de Sober

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sober

Categoría:Parroquias de Sober Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño