O anacardio (Anacardium occidentale) é unha árbore tropical da familia Anacardiaceae. Nativa do norte e nordés do Brasil, cultívase agora en moitas zonas de clima tropical, polo seu froito, tamén chamado anacardio.
A árbore mide entre 5 e 10 metros de altura, chegando os exemplares máis altos a 20 metros, coa súa copa ben poboada. O seu froito ten forma de ril, e seco ou torrado son as formas máis habituais do seu consumo. Xunto as súas flores, ben pequenas, fórmase un pedúnculo maior e máis brando que o froito, tamén comestible, de cor laranxa ou vermella.
Os portugueses levaron a árbore ás súas colonias de Asia e África, pero foi na India onde mellor se adaptou a árbore. Hoxe a India, Mozambique e o Brasil son os maiores exportadores do anacardio. Do anacardio tamén se procesa un licor; o de Goa, chamado fenny é o máis coñecido. En portugués a árbore coñécese co nome de cajueiro, e o froito como castanha de cajú.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Froiteiras Categoría:Froitos secos Categoría:Anacardium Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Oleaxinosas Categoría:Froitas exóticas Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné