Monoceros ou Unicornio é unha constelación difusa no ceo nocturno invernal, rodeada por Orión ó leste, Gemini ó norte, Canis Major ó sur e a constelación Hydra cara ó oeste. Outras constelacións limítrofes son Canis Minor, Lepus e Puppis.
Estrelas Principais
α Monocerotis (Lucida), de magnitude visual 3,93, unha estrela xigante amarelo-laranxa a 144 anos luz. β Monocerotis, impresionante sistema estelar triplo formado por tres estrelas branco-azuladas de magnitudes 4,7, 5,2 e 6,1, visibles coa axuda dun pequeno telescopio. William Herschel descubriunas no 1781 e comentou que son "unha das máis fermosas visións no firmamento".Monoceros. The internet Encyclopedia of Science γ Monocerotis, de magnitude 3,98, tamén xigante laranxa, pero moito máis afastada que α Monocerotis. R Monocerotis, estrela variable inmersa nunha nube de materia, situada no extremo sur da nebulosa NGC 2261. S Monocerotis (15 Monocerotis), distante estrela azul que forma parte de NGC 2264. T Monocerotis, variable cefeida cunha magnitude que varía entre 5,58 e 6,62 nun ciclo de 27 días. V0645 Monocerotis (28 Monocerotis), variable do tipo FK Comae Berenices. V700 Monocerotis (MWC 147), estrela Herbig Ae/Be de 500.000 anos de idade. V838 Monocerotis, estrela que estourou no ano 2002, situada a uns 20.000 anos luz de distancia. Estrela de Plaskett (HR 2422), un dos sistemas binarios máis masivos dos que se ten coñecemento. HD 52265, anana amarela análoga ó Sol ó redor da que se descubriu un xigante gasoso. HD 46735, estrela subxigante laranxa cun planeta extrasolar do tipo Xúpiter quente. Estrela de Luyten, anana vermella a só 12,37 anos luz de distancia. Ross 614 (V577 Monocerotis), anana vermella tamén nas proximidades do sistema solar. Gliese 250, estrela binaria a 28,4 anos luz, composta por unha anana laranxa e unha anana vermella.
Obxectos Notables do espazo profundo
Cúmulo aberto M50, a uns 3000 anos luz. Nebulosa Rosette (NGC 2237-9,46), unha nebulosa difusa, xunto ó cúmulo aberto NGC 2244, ás súas estrelas formáronse a partir do material da nebulosa. Cúmulo Árbore de Nadal e Nebulosa Cono (NGC 2264), ambos obxectos están asociados e atópanse a uns 2600 anos luz. NGC 2346, nebulosa planetaria en forma de bolboreta.
Historia
Monoceros é unha constelación moderna, o seu nome atribúeselle ó astrónomo e teólogo holandés Petrus Plancius no 1613 e foi rexistrada por Jakob Bartsch coma Unicornio na súa carta estelar de 1624. Porén, Heinrich Wilhelm Olbers e Ludwig Ideler indican que a constelación é moito máis antiga, figurando coma "o segundo cabalo ó sur dos Xemelgos e o Cangrexo" en escritos do 1564, e Joseph Scaliger subliña tela atopado nunha esfera da antiga Persia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información de Monoceros The Deep Photographic Guide to the Constellations: Monoceros Star Tales – Monoceros* The Deep Photographic Guide to the Constellations: Monoceros
Categoría:Constelacións