miniatura|Antera seccionada. 1: Fiamento; 2: Teca; 3: Conectivo (vasos en vermello); 4: Saco polínico (esporanxio)

En botánica, denomínase filamento á parte basal estéril dun estame, como norma xeral de forma filamentosa, que se sitúa por baixo da antera e a sostén. Varía moito de forma e tamaño, dependendo da familia: pode ser laminar, como en certas familias primitivas (p. ex. Degeneriaceae), estar dividido (p. ex., en certas especies do xénero Allium ou presentar apéndices de forma variable. O filamento presenta un feixe fibrovascular a todo o longo, rodeado de parénquima e cuberto por epiderme. Se o filamento é imperceptible ou falta, dise que a antera é sésil.

Véxase tamén Bibliografía Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. Editorial Labor S.A., Barcelona, 2ª edición, p. 1.110. Font Quer, P. 1953. Diccionario de Botánica. Labor, Barcelona. Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. Omega, Barcelona, 8ª edición, p. 1.088.

Categoría:Termos botánicos Categoría:Reprodución vexetal