Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do xornalista e escritor José Costa Figueiras. Colaborou na revista Inquietudes da Coruña nos seus anos mozos. Estudou xornalismo en Barcelona. Participou na fundación do grupo Brais Pinto en Madrid. En 1957 publicou nesa mesma cidade Literatura gallega actual e en 1963 deu ao prelo a súa primeira obra en galego, A rouca gorxa do meu ser, un poemario que foi editado en Buenos Aires e no que se pon de relevo a lingua galega e Galicia como patria dos galegos. En 1977 publicou Os anos do vougo e outros poemas, cun ton socialrealista e Las dos caras de Galicia bajo el franquismo.

Publicou dúas novelas en galego, O conde Villaoíde en 1985 e A Monchiña en 1987; Lume esmorecido publicado en 1999 é un libro de relatos. Traduciu Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ao castelán en 1989. Foi articulista para diversos xornais galegos como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Galicia Hoxe e cataláns como La Vanguardia e El Periódico. En 1991 publicou a escolma de artigos xornalísticos Sempre Galicia no meu corazón.

É o pai de Antonio Costa Gómez e Xosé María Costa Gómez.

Obra en galego Poesía A rouca gorxa do meu ser, 1963, Edicións Tempo Novo, Bos Aires. Os anos do vougo e outros poemas, 1977, Ediciós do Castro.

Narrativa O conde de Viloíde, 1985, Sotelo Blanco. Novela. A Monchiña, 1987, Ediciós do Castro. Novela. Agora que vou morrer axiña..., 1993, Ediciós do Castro. Relatos. Lume esmorecido, 1999, Ir Indo. Relatos.

Ensaio Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba. Sempre Galicia no meu corazón, 1991, Sotelo Blanco. A cociña galega en España, 2006, Sotelo Blanco.

Obras colectivas Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Traducións Os animais e a tartaruga, de Colette, 1983, Argos Vergara. Unha estoria de botóns, de Roser Capdevila, 1983, Argos Vergara. Historia do parágoas, de Mauricio Montagut e Mercé Company, 1983, Argos Vergara. A pasteleira Adelaida, de Montserrat Ginesta, 1983, Argos Vergara. Os nenos voadores, de Pere Calders, 1984, Argos Vergara.

Obra en castelán Poesía El hombre y la muerte, 1966, Ed. Cordillera, San Xoán de Porto RicoAsinou o libro como Javier Costa Clavell. A portada foi ilustrada por Veiga do Campo, mentres que o poemario foi escrito en Barcelona en 1965 e rematado de imprimir nesta cidade o 30 de xullo de 1966..

Narrativa La magdalena de Proust, 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia.

Ensaio Literatura gallega actual, 1957. Rosalía de Castro, 1967, Plaza & Janés. 2ª edición de 1985, Ediciós do Castro. Los Gallegos, 1970, Editorial Nós, Bos Aires. Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba. Las dos caras de Galicia bajo el franquismo, 1977, Cambio 16. Bandolerismo, romerías y jergas gallegas, 1980, La Voz de Galicia. Castelao: entre la realidad y el mito, 1986, Plaza & Janés. Restaurantes gallegos de Barcelona, 1987. La pintura de Patiño, 1990, Sotelo Blanco.

Traducións Aires da Miña Terra, de Manuel Curros Enríquez, 1989, Edicions 29. Do galego ao castelán.

Premios Padroado do Pedrón de Ouro de Honra no 1991, polo seu labor en pro da difusión en ampla temática da cultura galega no exterior.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha de tradutor na páxina web da Biblioteca de tradución galega. Ficha do autor na páxina web da Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Xornalistas de Chantada Categoría:Escritores de Galicia en lingua catalá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Promoción de Enlace Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do galego