thumb thumb| Alle alle O araíño atlántico ou arao pequeno (Alle alle) é unha ave palmípede. Vive nas Illas do Ártico, hai dúas subespecies a A. a. alle viven en Groenlandia, Islandia, Nova Zemlbla e Spitzbergen, mentre a A. a. polaris vive na Terra de Francisco Xosé.
Mide 19–21 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 34–38 cm. Ten a plumaxe negra, agás o ventre branco e o peteiro é curto. Aliméntanse de peixes, complementándoos con crustáceos e pequenos invertebrados.
Cría en cantís, nos buratos en medio das rochas poñen un único ovo, no inverno migran cara ao sur do Atlántico norte, os temporais fortes do outono poden desvialas máis ao sur do seu territorio habitual, e é nestes casos cando se pode ver nas costas galegas.
miniatura|esquerda|Araíño atlántico
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Galería de paxaros Lista de aves de Galicia
Categoría:Álcidos Categoría:Animais descritos en 1758