miniatura|dereita|Cunnilingus heterosexual dereita|miniatura|280px|Muller practicando o cunnilingus a outra muller. Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo.
Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física. Como moitas formas de actividade sexual, o sexo oral pode ser un risco de contraer infeccións de transmisión sexual (ITSs). Porén, o risco de transmisión por sexo oral, especialmente a transmisión do VIH, é significativamente máis baixo que no sexo vaxinal ou anal.
O sexo oral é a miúdo considerado como tabú, pero en moitos países non existen leis que prohiban a súa práctica. Comunmente, as parellas heterosexuais non consideran que o cunnilingus afecte á virxindade da compañeira, mentres que as parellas lesbianas considérano como unha forma de perder a virxindade.Ver aquí e páxinas 47-49 para virxindade masculina. As persoas poden ter sentimentos negativos ou inhibicións sexuais sobre dar ou recibir cunnilingus, ou poden rexeitar practicalo.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Prácticas sexuais