Manuel Luis Bello Parga, coñecido como Manolito Bello e Luis Seijo Freire, nado na Coruña o 13 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 11 de xullo de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Militante do Partido Comunista de España desde moi novo, participou no seu aparato de propaganda. As autoridades detivérono en maio de 1945 con José Blanco Núñez, José Soto Pombo e Francisco Cousillas Pombo por impresión e distribución de material subversivo. En xaneiro de 1946, pouco despois de saír en liberdade provisoria, uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi responsable do destacamento Líster da IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina. Nesta participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, coñecido falanxista local.

Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España situado no monte de Santa Margarita. No momento da retirada son emboscados pola Garda Civil, iniciándose un tiroteo no que morreu Arcadio Vilela Gárate, xornalista de El Ideal Gallego e membro da milicia civil armada Cabaleiros da Coruña, alcanzado por un disparo da propia Garda Civil. Manuel Bello foi acusado deste asasinato tras ser capturado neste tiroteo.

Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, acabou condenado ao garrote e executado na Prisión Provincial da Coruña o 11 de xullo de 1946.Máiz, Bernardo; op.cit. páx 167La Voz de Galicia, 12-7-1946, p. 2. Converteuse nun símbolo da resistencia antifranquista comunista e un dos seus destacamentos guerrilleiros levou o seu nome. Na actualidade, un colectivo da Xuventude Comunista leva por nome Manolito Bello.

En agosto de 2026, a familia de Manolito Bello solicitou ante a fiscalía de memoria democrática a nulidade do consello de guerra de 1945 pola carencia de garantías procesuales, así como a nulidade do xuízo sumarísimo de 1946 pola vulneración dos dereitos fundamentais. Trátase do primeiro caso dunha execución por garrote vil presentado ante a fiscalía provincial de dereitos humanos e memoria democrática

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bernardo Máiz (1988). Galicia na II República e baixo o franquismo. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-320-4.

Secundino Serrano, Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy, 2002.

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes