miniatura|280px|Sieben Linden Unha ecoaldea é un movemento de persoas, no ámbito mundial, que optan por vivir en comunidade dun xeito diferente ao convencional. As ecoaldeas son modelos, algúns patrocinados por organismos como a UNESCO, que están demostrando que é posíbel outro modo de vivir fóra das redes do gran consumo e o malgaste, cuns principios de ecoloxía e respecto ao medio ambiente.

Como exemplo, o Goberno do Senegal adoptou este modelo de desenvolvemento rural e recibiu un fondo especial das Nacións Unidas. Trátase de proxectos viábeis repartidos por Europa, África, Oceanía e América, e a proba está en que funcionan.

As bases das ecoaldeas son a sostibilidade e o desenvolvemento humano, aínda que existen multitude de matices que as diferencian: algunhas contemplan a propiedade privada e outras a ocupación de vilas abandonadas; nalgúns casos son confesionais adscritas a algunha relixión e noutros, en cambio, deixan libre elección relixiosa aos seus habitantes; adoitan ser de ámbito rural pero tamén existen exemplos de ecoaldeas urbanas.

Aspectos ecolóxicos miniatura|250px|Casa de palla e barro, en Sieben Linden Os alimentos consumidos deberán ser producidos ecoloxicamente, preferentemente na propia comunidade, ou na zona ou rexión na que se acha. A construción farase utilizando técnicas e materiais de construción locais, naturais e non tóxicos. Todas as actividades produtivas (artesanais, industriais) terán en conta os ciclos vitais dos produtos utilizados, de maneira que en ningún momento do dito ciclo poidan resultar nocivos para a contorno ou para a saúde. Os obxectos producidos deberán ser de longa duración, sinxelos de reparar e aptos para seren reciclados. A auga e a enerxía consumiranse con moderación, depurando con medios naturais as augas residuais e utilizando fontes de enerxía renovábeis. O transporte motorizado reducirase ao mínimo.

Aspectos socioeconómicos As diversas actividades económicas que se leven a cabo na ecoaldea deberán asegurar a estabilidade económica de tódolos seus membros. O traballo organizarase horizontalmente, favorecendo a participación de tódalas persoas involucradas na toma de decisións. O consumo será preferentemente local, gastando en produtos da propia comunidade ou do seu contorno inmediato. A saúde e a educación serán asumidas, na medida do posíbel, pola comunidade. Todo o mundo terá acceso a unha información veraz sobre asuntos da súa incumbencia. Todo o mundo estará en igualdade de condicións para participar na toma de decisións sobre asuntos da comunidade. Tódalas decisións tomaranse democraticamente, a poder ser coa participación de todos, evitando na medida do posíbel a delegación de poder.

Aspectos culturais A ecoaldea será un lugar no que se favoreza a creatividade e a expresión da singularidade de todo ser humano. Tamén será un lugar no que se leven a cabo todo tipo de encontros, ritos ou celebracións que contribúan a manter a cohesión do grupo. A ecoaldea ha ser un lugar no que se desenvolven e aplican técnicas para a resolución de conflitos. A ecoaldea realizará actividades cara ao exterior, co fin de ir promovendo aos poucos esta nova forma de vida.

Véxase tamén Aldea | Cidade | Vila Autogoberno Axuda mutua Comuna autónoma Comunidade intencional Mundo pequeno Permacultura Socialismo utópico Sociedade alternativa Urbanismo

Ligazóns externas Global Ecovillage Network (en inglés) RIE: Rede Ibérica de Ecoaldeas (en español) REA: Red de Ecoaldeas das Américas Ecoaldeas na Arxentina

Fontes Cara unha Cidade Ecolóxica: Ecoaldeas Urbanas, Ecobarrios e Ecoveredas (en español)

Portais Repoblando.org: Lugar de encontro e debate sobre desenvolvemento rural sostible. Revista Ecohabitar: Bioconstrución, Permacultura e Vida Sostible Ecozona.com: O portal de Medio Ambiente e Vida Natural (en español) Organización Selba Vida Sostible (en español) Foro de repoboación de vilas abandonadas (en español)

Artigos Artigos sobre Ecoaldeas no Diario Clarín (en español)

Categoría:Ecoloxismo Categoría:Urbanismo Categoría:Organizacións de vivenda