O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Deportivo B, é un equipo de fútbol galego centenario,El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo filial do Deportivo da Coruña. Fundouse o 21 de febreiro de 1914Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com "Cien años de «Fabriquín»" La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2014. Historia do Fabril rcdeportivo.es e na tempada 2026/27 competirá na Primeira Federación, terceira categoría do fútbol español.

Historia O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azuis e granates e un pantalón negro. Nesta etapa, destacou a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante as décadas de 1930 e 1940, o club participou nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941 foi obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asinou un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comezou a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista a final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, despois de quedar segundo do seu grupo. Na primeira eliminatoria eliminou á SD Ponferradina, tocándolle como rival para a seguinte eliminatoria a Gimnástica de Torrelavega. O Fabril venceu por 2-1 na Coruña, mentres que en Torrelavega o resultado foi o mesmo pero gañando o equipo cántabro, polo que se tivo que xogar un partido de desempate. Este encontro disputouse dous días despois no Molinón de Xixón e o resultado foi de empate a 2. Xogouse entón un cuarto partido ao día seguinte para desfacer a igualdade e esta vez acabou en derrota do equipo coruñés, despois de que a Gimnástica remontase con dous goles no último minuto a diana inicial de Pito. Ricardo Badás era o adestrador daquel equipo e nel xogaban entre outros Antonio Giráldez, Manolete, Beci e Pellicer.

Foi nese momento cando o Fabril asinou un acordo definitivo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. Ademais nese intre o Fabril, que daquela estaba presidido por José González Dopeso, fusionouse co Deportivo Xuvenil e cambiou as cores da súa vestimenta ao branco e azul.Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador, despois de quedar cuarto na liga e saír vencedor do seu grupo da fase de ascenso, na que conseguiu superar ao Caudal Deportivo, CF Fuenlabrada e SD Almazán. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo da Coruña B. Na 1993-94 rematou segundo do seu grupo, a un punto do campión, o Bergantiños. Xogou entón a fase de ascenso quedando encadrado nun grupo co Atlético Bembibre, o Club Deportivo Lealtad e o Real Aranjuez, sendo este último o que conseguiu finalmente o ascenso.

Foi na tempada 1994-95 cando o Deportivo B volveu ascender a Segunda B, tras quedar cuarto na liga regular e ser o dominador do seu grupo na fase de ascenso, gañando 4 dos seis partidos que disputou contra os seus rivais, que foron Rayo Majadahonda, Atlético Bembibre e Caudal Deportivo. Ao ano seguinte, na que era a súa segunda tempada na categoría, o equipo acabou no quinto posto, e na edición seguinte, a 1996–97, conseguiu meterse na fase de ascenso, despois de rematar en cuarta posición. Quedou encadrado co Elche, Córdoba e Barakaldo pero só conseguiu gañar dous dos seis partidos. Na 1997–98 xogou de novo a liguiña de ascenso a Segunda División, tras rematar 3º. Enfrontouse ao Recreativo de Huelva, ao Espanyol B e de novo ao Barakaldo, sendo este último o único ao que logrou vencer nun dos encontros.

miniatura|300px|Xogadores do Fabril en 2016. O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. Xogou dúas novas fases de ascenso nas tempadas 2002-03 e 2003-04, pero non logrou ascender. Tampouco o conseguiu na 2005-06 a pesar de ter sido campión da categoría. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar o CD Anguiano e ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada. miniatura|300px|Encontro disputado entre o Deportivo da Coruña B e o CDA Navalcarnero. Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División. Xogou unha nova fase de ascenso na 2012-13 sen conseguir subir e na tempada seguinte acabou en 9ª posición. A continuación disputou outras tres promocións nas tres tempadas seguintes, acadando o ascenso na última delas, a 2016-17, na que foi campión e conseguiu vencer ao Club Polideportivo Cacereño no play off.

O 10 de xullo de 2017 o equipo recuperou o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril Na primeira tempada da súa nova etapa en Segunda B, tivo como adestrador a Cristóbal Parralo, e dende outubro a Gustavo Munúa, despois de que Parralo se convertese en adestrador do primeiro equipo. O Fabril rematou ese ano subcampión do seu grupo e disputou a fase de ascenso, pero quedou eliminado na primeira eliminatoria fronte ao Extremadura UD. Foi con todo, o mellor resultado histórico do club.

Na tempada seguinte volveu descender á Terceira División despois dun mal ano no que o club tivo tres adestradores diferentes: Tito Ramallo, Sergio Pellicer e Luisito. Este último continuou na tempada 2019-20 na que o equipo ocupaba a sétima praza cando a liga foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.

Nomes do club Fabril Foot-ball Club (1914–1926) Sporting Fabril (1926–1941) Fabril Sociedad Deportiva (1941–1964) Fabril Deportivo (1964–1993) Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017) Real Club Deportivo Fabril (2017– )

Estadio O Fabril xoga habitualmente no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB / 2ª RFEF: 14 Tempadas en 3ª RFEF: 52 Tempadas en Preferente: 13 Debut en Segunda B: 1991–92 Mellor resultado na liga: 2º (2ª B, tempada 2017-18) Promocións de ascenso a Segunda: 3 (0 ascensos) Promocións de ascenso a Segunda B: 14 (6 ascensos) Clasificación histórica dos equipos filiais: 21º

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1947/48Serie A3º1948/49Serie A3º1949/50Serie A5º1950/51Serie A2º1951/52Serie A6º1952/53Serie A8º1953/54Serie A 10px1954/553ª7º1955/563ª7º1956/573ª8º1957/583ª7º1958/593ª13º1959/603ª11º1960/613ª12º1961/623ª8º1962/633ª8º1963/643ª2ºTempadaCategoríaPosto1964/653ª4º1965/663ª6º1966/673ª5º1967/683ª3º1968/693ª9º1969/703ª 10px1970/71Serie A 10px1971/723ª 10px1972-73Serie A5º1973-74Serie A5º1974-75Serie A5º1975-76Serie A6º1976-77Serie A 10px1977/783ª6º1978/793ª17º1979/803ª16º1980/813ª10ºTempadaCategoríaPosto1981/823ª11º1982/833ª7º1983/843ª3º1984/853ª10º1985/863ª3º1986/873ª11º1987/883ª6º1988/893ª5º1989/903ª2º1990/913ª 10px1991/922ªB 10px1992/933ª5º1993/943ª2º1994/953ª 10px1995/962ªB5º1996/972ªB4º1997/982ªB3ºTempadaCategoríaPosto1998/992ªB 10px1999/003ª 10px2000/012ªB 10px2001/023ª9º2002/033ª2º2003/043ª3º2004/053ª8º2005/063ª1º2006/073ª 10px2007/082ªB4º2008/092ªB 10px2009/103ª 10px2010/112ªB 10px2011/123ª6º2012/133ª4º2013/143ª9º2014/153ª2ºTempadaCategoríaPosto2015/163ª3°2016/173ª 10px2017/182ªB2º2018/192ªB 10px2019/203ª7º2020/213ª5º2021/223ª RFEF5º2022/233ª RFEF 10px2023/242ª RFEF9º2024/252ª RFEF4º2025/262ª RFEF 10px2026/271ª RFEF

Xogadores Cadro actual Datos do 10 de xaneiro de 2023Cadro Deportivo Fabril 2022/2023

Adestradores Chacho e Waldo Botana (1948) Eduardo Toba (1952-1953) Manuel Neira (1953-1959) Alfonso Rico (1959-1960) Enrique Nieto "Henry" (1960) Manuel Neira (1961-1963) Ricardo Badás (1963-1964) Rodrigo (1964-1965) Ricardo Badás (1965-1966) Alfonso Pintos (1966-1967) Arsenio Iglesias (1967-1970) Rodrigo (1970-1971) Benito Joanet (1971-1973) Carlos Torres (1973) Rodrigo (1973-1976) José López (1976-1978) Luis Rodríguez Vaz (1978-1981) Paco Melo (1988-1993) José Manuel Corral (1993-1995) Carlos Ballesta (1995–1999) José María Blanco Rodríguez (1999–2001) Tito Ramallo (2001–2012) José Luis Devesa (2012–2014) Manuel Mosquera (2014–2016) Cristóbal Parralo (2016–2017) Rubén Coméndez (interino) (2017) Gustavo Munúa (2017–2018) Tito Ramallo (2018) Sergio Pellicer (2018–2019) Luisito (2019–2020) Juan Carlos Valerón (2020–2021) Óscar Gilsanz (2020–2024) Manuel Pablo (2024–)

Palmarés Torneos nacionais Serie A (2): 1953/54, 1976/77 Campionato Galego de Afeccionados (1): 1953/54 Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 1995/96 Copa Deputación da Coruña (4): 1994, 1997, 2001, 2019 Subcampión da Copa Galicia (1): 1963

Torneos estatais Segunda Federación (1): 2025/26. Subcampión da Segunda División B (1): 2017-18 Terceira División (5): 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2016–17, 2022–23. Subcampión da Terceira División (6): 1963–64, 1989–90, 1993–94, 1999–00, 2002–03, 2014–15

Torneos amigables Trofeo Cidade de Betanzos (2): 2007, 2009 Torneo Victoria - Memorial Moncho Rivera (2): 2011, 2013 Trofeo Sporting Sada (1): 2009 Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010 Trofeo de Vimianzo (1): 2010 Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010 Inauguración Campo Novo de Curtis (1): 2010 Memorial Manolo Martín (1): 2012 Trofeo President (1): 2013 Memorial Luis de Carlos (1): 2015 Memorial Esteban Lareo (1): 2015 Trofeo Vila de Foz (1): 2015 Torneo 'tres en uno' en Viveiro (1) 2017

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Deportivo da Coruña Deportivo Fabril Deportivo Fabril