A cultura de Portugal ten as súas raíces na cultura latina da Roma Antiga con influencias celtas.
miniatura|Parella de portugueses do século XIX coas roupas típicas da provincia de Minho.|esquerda Lingua
O idioma oficial de Portugal é o portugués, un dos primeiros idiomas cultos da Europa medieval á vez có provenzal, sendo a súa escritura influenciada por esta última. Existen un municipio onde algunhas persoas das aldeas falan un idioma derivado do idioma do antigo Reino de León, chamado mirandés. (Lhéngua Mirandesa en Mirandés). Este idioma ten menos de 15.000 falantes (a maioría como segunda lingua) e é apenas falada en aldeas, sendo a aldea de Picote (Picuote en Mirandés) a única practicamente 100% monolingüe, o cal resulta curioso nun país lingüisticamente homoxeneizado como Portugal.
Arquitectura
miniatura|Torre de Belén A arquitectura portuguesa seguiu sempre as tendencias do resto de Europa, a pesar de facelo con algún atraso. Foi só co Manuelino que se conseguiu unha altura considerable, na vangarda artística da época. Este estilo fai de transición suave entre o gótico e o renacemento. Actualmente a produción arquitectónica portuguesa está a par do que pasa no medio artístico internacional, onde destacan os arquitectos contemporáneos:
Álvaro Siza Vieira João Luís Carrilho da Graça Eduardo Souto de Moura Fernando Távora Nuno Teotónio Pereira Filipe Oliveira Dias Manuel Sande e Castro Salgado Gonçalo Byrne Vitor Figueiredo
Pintura
A pintura portuguesa, do mesmo xeito cá arquitectura, seguiu as tendencias internacionais. A comezos do século XX apareceu unha nova onda de artistas futuristas que podían facer importantes revolucións na arte senón fóra polas súas mortes precoces. Algúns deses pintores e outros de diferentes épocas son:
Amadeo de Souza-Cardoso Angelo de Sousa Armando Alves Guilherme de Santa-Rita José de Guimarães José Rodrigues Júlio Pomar Júlio Resende Paula Rego Sobral Centeno Maria Helena Vieira da Silva miniatura|400x400px|Cadro de S. Vicente|centro
Cine
Cineastas:
Manoel de Oliveira António Pedro Vasconcelos Joaquim Leitão
Actores:
Joaquim de Almeida Maria de Medeiros
Categoría:Cultura de Portugal