Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba y Llano Valdés, nado en Ferreirela de Baxo (Santalla de Ozcos) o 17 de outubro de 1749 e finado en Dompiñor (Ribadeo) o 2 de febreiro de 1809, foi un ilustrado e industrial asturiano. Creou en Sargadelos o primeiro alto forno da industria española e unha fábrica de louza, polo cal foi nomeado tras a súa morte Marqués de Sargadelos.

Traxectoria Chegou a Ribadeo no 1768, e ó ano seguinte xa era administrador da casa de Guimarán, por encargo do seu titular, o ribadense emigrado ó territorio do Perú Bernardo Rodríguez de Arango y Mon.

Axiña se enriqueceu co comercio de maínzo, trigo, aceite, viño, augardente ou liño. Desempeñou múltiples cargos políticos, case todos ligados á política municipal, nunha carreira que comezou en 1775 ao ser escollido como deputado do común. Ese mesmo ano casou con Josefa López Acevedo y Prada.

Impulsou a industrialización da zona, creando primeiro unha ferrería e logo toda unha industria en Sargadelos, na que chegou a fabricar armas e vaixelas finas. Nos tempos da guerra da Independencia, os seus inimigos políticos e económicos conseguiron o seu linchamento en Dompiñor (Piñeira, Ribadeo) o 2 de febreiro do ano 1809, día no que a turba entrou na súa casa en Ribadeo e saqueouna.

As súas fábricas en Sargadelos continuaron funcionando ata o ano 1875, sendo poxadas no 1878.

O título de Marqués foille outorgado tras a súa morte, seguindo na familia ata a actualidade.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Cerámica de Sargadelos Grupo Sargadelos

Ligazóns externas

Categoría:Nados en Santalla de Ozcos Categoría:Nados en 1749 Categoría:Finados en 1809 Categoría:Marqueses de España Categoría:Asasinatos en Galicia Categoría:Historia moderna de Galicia