O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames. Segundo o INE, no ano 2018 tiña unha poboación de 12.848 habitantes (6.107 homes e 6.741 mulleres), o que supón un aumento con respecto o ano 2006.

Toponimia O topónimo O Milladoiro ten unha orixe ligada ó culto xacobeo. Antes do século XI cada unha das entradas a Santiago estaba marcada por medio de miliarios romanos. Esta demarcación responde á xurisdición que a igrexa de Santiago tiña sobre o territorio en relación co xiro ou circuíto de peregrinación xacobea. Estes fitos aparecen nomeados como miliarios ata o ano 1 000, palabra que entronca coa latina millia (do numeral mille). Estes nomes, que xa aparecían como O Milladoiro, latinizaronse posteriormente baixo o termo ; desta maneira estableceuse unha relación aparente cos termos latinos e .Citado en Esta relación etimolóxica parece ser a orixe dun dos ritos da peregrinación, consistente na colocación de pedras nos chamados milladoiros. Historia

A vila está atravesada pola estrada N-550, arredor da cal foi medrando. Na década de 1970 as aldeas de Seidón, A Madalena e O Milladoiro experimentaron un progresivo crecemento como cidades-dormitorio de Santiago de Compostela.

En 2009 constituíuse como unha parroquia eclesiástica de seu, ao segregarse de Biduído.

O Milladoiro na literatura popular Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra.

Lugares e parroquias Lugares de Biduído

Parroquias da Ames

Notas

Categoría:Lugares de Ames Categoría:Localidades do Camiño Portugués