Pedro Piñeiro Hermida, nado no Valadouro o 14 de abril de 1946, é un mestre e político galego vinculado ao PSdeG-PSOE que foi alcalde de Rianxo entre 1994 e 2011

Traxectoria Pedro Piñeiro instalouse nos anos 70 na vila mariñeira de Rianxo coma mestre do CEIP Castelao, do cal chegou a ser director ata o seu acceso á alcaldía do concello. Nas eleccións municipais de 1991 foi elixido concelleiro polo PSdeG-PSOE ocupando a área de Cultura, ata a renuncia de Xosé Bravo Frieiro á alcaldía en abril de 1994, tralo cal foi elixido novo rexedor a partir do 9 de maio seguinte. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a alcaldía con maioría absoluta, ampliando os apoios que o partido lograra 4 anos antes. Nas municipais de 1999 revalidou novamente a alcaldía, con resultados similares ós anteriores comicios. Nas municipais de 2003 revalidou de novo a alcaldía ampliando notoriamente o seu respaldo, subindo de 9 a 11 concelleiros e logrando o maior número de votos logrado por ningún partido en Rianxo.

Nas municipais de 2007 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, se ben experimentou un considerable retroceso de apoio e baixou de 11 a 9 concelleiros. Neste último mandato foi elixido deputado provincial. Durante todo este tempo foi independente, sen chegar a afiliarse ao PSdeG. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2011, polo que o 11 de xuño foi sucedido por Adolfo Muíños (BNG). En 2012 foi condenado polo TSXG a seis meses de prisión e 14 anos de inhabilitación por delitos de prevaricación urbanística na concesión dunha licenza a un taller de pedra propiedade dun familiar dun dos membros da corporación de goberno, construído sobre chan non urbanizable, e por non tomar medidas para repoñer a legalidade.Pedro Piñeiro abandona y no será cabeza de lista en Rianxo , El Correo Gallego, 3/7/2010.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rianxo

Categoría:Alcaldes de Rianxo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados no Valadouro

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Concelleiros de Rianxo