2010 (MMX) foi un ano común que comezou e rematou un venres no calendario gregoriano. Foi ano santo xacobeo, foi o número 2010 anno Dómini ou da designación da Era Cristiá, ademais do décimo do século XXI e do terceiro milenio e tamén o primeiro da década de 2010.
Acontecementos Xaneiro Iniciouse a dispoñibilidade da versión do sistema operativo Windows 7. A película de ficción científica Avatar, que fora realizada por James Cameron, acadou unha plusmarca histórica nas vendas superando a Titanic, de 1997.
miniatura|230px|Vista do Burj Khalifa, o rañaceos máis alto do mundo, en Dubai. miniatura|230px|Vista do Palacio Nacional de Haití destruído tras o terremoto de xaneiro. 1 de xaneiro O xadrecista noruegués Magnus Carlsen logra clasificarse como número un do mundo con dezanove anos de idade, sendo o xogador máis novo en alcanzar dita posición. España asume a Presidencia do Consello da Unión Europea, sucedendo a Suecia.España pone en marcha la nueva UE bajo el fantasma de la crisis Empeza o segundo Ano Santo Xacobeo do terceiro milenio, convocado en maio de 2009. Empeza o segundo Ano Santo en Caravaca de la Cruz concedido pola Santa Sé a perpetuidade con periodicidade cada 7 anos. Chuvias moi fortes e enchentes severas causan desmoronamentos de terra, que provocaron a morte de 53 persoas en Angra dos Reis, e a destrución do patrimonio histórico de São Luís do Paraitinga. 3 de xaneiro - Os Estados Unidos de América e o Reino Unido pechan as súas embaixadas no Iemen debido á ameaza de Al Qaeda. 4 de xaneiro - Inauguración do complexo de Burj Khalifa, o edificio máis alto do mundo, en Dubai (Emiratos Árabes Unidos), con 828 metros.Dubái inaugura el rascacielos más alto del mundo 8 de xaneiro O Parlamento de Portugal aproba a lei que permite o casamento entre homosexuais. En Angola, o autocar da Selección de fútbol de Togo, que estaba en Angola para a Copa Africana de Nacións, é atacado por homes armados. Seis foron feridos e o condutor morto. 10 de xaneiro - Moita neve e ventos xeados e fortes castigan Europa, causando máis de 100 mortes e moitos accidentes. 11 de xaneiro - A República Popular da China alcanza o récord como maior exportadora de produtos do mundo. 12 de xaneiro - En Haití, un terremoto de 7,3 graos Richter provocou grandes destrucións e a morte de máis de 200.000 persoas.Un terremoto de 7 grados devasta Haití 15 de xaneiro Eclipse anular de sol visible no norte do océano Índico.El eclipse anular de sol más largo del siglo en el Sudeste Asiático No estado Sucre (Venezuela), un leve terremoto de magnitude 5,4 na escala de Richter ocasiona once feridos leves e escasos danos materiais. 17 de xaneiro En Chile dáse a segunda volta presidencial. En Ushuaia prodúcese un terremoto de magnitude 6,3 na escala de Richter.Impres (organismo oficial) 18 de xaneiro - Na Arxentina prodúcese un terremoto, con epicentro na provincia de San Juan, que se sente en varias partes do oeste do país. 19 de xaneiro - Novo terremoto na Arxentina, esta vez na provincia de Tucumán. Non se rexistraron danos materiais ni persoais.Temblor con epicentro en Tucumán se sintió en Córdoba y Santiago del Estero Cadena 3 Argentina 24 de xaneiro - En Venezuela deixa de emitir o canal privado de televisión RCTV Internacional, por incumprir a lei resorte.El Gobierno venezolano decide no renovar la licencia del canal por cable RCTV 25 de xaneiro Ali Hasan Al-Majid, coñecido como Alí o químico, foi executado na forca tras recibir catro sentenzas de morte por delitos cometidos entre 1968 e 2003. O voo Ethiopian Airlines 409 cae no mar Mediterráneo provocando a morte dos 90 pasaxeiros. 27 de xaneiro Entra en vigor o sucre, moeda virtual da ALBA. Apple puxo o iPad no mercado.
Febreiro miniatura|Terremoto de Chile de 2010 4 de febreiro - Efectúase a primeira transacción comercial co SUCRE, entre Cuba e Venezuela.Venezuela y Cuba: primera operación con moneda virtual 5 de febreiro - En Bos Aires, Arxentina, inicia as súas actividades a Policía Metropolitana. 3 de febreiro - A escultura L'Homme qui marche I de Alberto Giacometti é vendida en Londres por 65 millóns de libras, establecendo unha nova marca nunha obra de arte en poxas. 7 de febreiro En Miami, o New Orleans Saints vence o Indianapolis Colts e conquista o Super Bowl XLIV, o primeiro na súa historia. Eleccións en Costa Rica para elixir Presidente, deputados e municipios. 11 de febreiro - Lanzamento da Solar Dynamics Observatory (SDO) destinada a estudar os procesos solares e as súas reaccións directas coa Terra. 12 de febreiro - Cerimonia de apertura dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno en Vancouver, Canadá. 15 de febreiro Científicos do Laboratorio Nacional de Brookhaven, obtiveron durante milésimas de segundos a temperatura de 4 trillóns de graos celsius, a maior temperatura obtida na historia . 20 persoas morren nun accidente de tren en Halle, Bélxica. (BBC) (Flanders News) (WSJ) 18 de febreiro - O Presidente de Níxer, Tandja Mamadou, é derrocado logo de que un grupo de soldados asaltaran o palacio presidencial e se formara unha xunta de goberno, o Consello Suprema para a Restauración da Democracia liderado polo chef d'escadron Salou Djibo. 20 de febreiro A IUPAC, aproba oficialmente o elemento 112 da táboa periódica como copernicio. Un forte temporal provocou máis de 40 mortos espallando destrucións no arquipélago de Madeira, (Portugal). O derrubamento dun minarete en Meknes (Marrocos) provocou a morte de 41 persoas.(CNN) (Xinhua) 22 e 23 de febreiro - Celébrase en Playa del Carmen, México, o XXI Cumio de Río coa participación de trinta e dous países da América Latina e o Caribe.América Latina planta cara a EEUU 27 de febreiro En Chile, un forte terremoto dunha magnitude de 8,8 graos Ritcher, con epicentro a 300 km da costa da rexión do Maule, produce centos de mortos e feridos e numerosos danos materiais (este terremoto foi o 5º máis forte da historia).Un terremoto de 8,8 grados sacude Chile Outro terremoto afecta a cidade arxentina de Salta, pero sen ter relación directa co de Chile segundo expertos no tema.Un experto asegura que los dos sismos "no tienen ninguna relación" Diario Clarín. Consultado el 12 de abril de 2010. 28 de febreiro - Cerimonia de peche dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno en Vancouver, Canadá.
Marzo miniatura|230px|Kathryn Bigelow, a primeira muller que gaña o Óscar ao mellor director pola película The Hurt Locker. 1 de marzo - O ex-guerrilleiro tupamaro José Mujica, electo no 2009, asume a presidencia do Uruguai, sucedendo a Tabaré Vázquez.José Mujica asume la presidencia de Uruguay y apuesta por el gasto social 4 de marzo - En Chile sucede un novo terremoto, esta vez en Calama.Región de Antofagasta: Temblor de 6,4 grados La Nación Consultado 12 de abril de 2010. 5 de marzo - O Presidente da República Portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, convértese no primeiro xefe de Estado estranxeiro en visitar oficialmente Andorra en toda a historia do principado. 6 de marzo - En España as choivas deixan inundacións en Chiclana, Cádiz, deixando 3 mortos. 7 de marzo En Iraq celébranse eleccións parlamentarias, as segundas coa nova Constitución, para o Consello de Representantes; onde os parlamentarios logo elixen o presidente e o primeiro ministro.La participación en las elecciones iraquíes alcanza el 62%, en El País de España. En terra hostil recibiu un Óscar ó mellor filme e a súa directora Kathryn Bigelow obtivo tamén un Óscar por ser a mellor directora sendo a primeira muller en gañalo, na 82ª edición dos Óscar.Kathryn Bigelow es la primera mejor director de la Academia . CNN México.com. Consultado el 28 de abril de 2011. 8 de marzo - Sismo de intensidade 6 na escala de Richter na provincia turca de Elazığ, con 57 persoas mortas. 9 de marzo - Cúmprese o prazo para a entrega da contramemoria chilena ante a Corte Internacional da Haia, a propósito da controversia de delimitación marítima entre Chile e Perú.Canciller informó al Senado sobre posición chilena ante La Haya 11 de marzo En Chile noméase o novo presidente Sebastián Piñera, que sucede a Michelle Bachelet.Una serie de fuertes réplicas sacude Chile durante la investidura de Piñera En Chile prodúcese un novo terremoto de magnitudes 6,9 e 7,2 na escala Richter no norte de Chile, con poucos danos materiais. 12 de marzo - Abertura dos Xogos Paraolímpicos de Inverno de 2010 en Vancouver. 14 de marzo En Colombia celébranse eleccións lexislativas.El partido de Uribe gana las elecciones legislativas con el 64% de los votos escrutados En Chile prodúcese un corte de subministración de enerxía eléctrica, desde a Rexión de Antofagasta até a Rexión dos Lagos, afectando a máis do 80% da poboación.Chile recupera la luz tras cuatro horas de apagón 16 de marzo - ETA asasina ó policía francés Jean Serge Nèrin. Considérase o último asasinato cometido por ETA La Voz de Galicia, 9.04.2017.. 19 de marzo - Abertura dos Xogos Suramericanos de 2010 en Medellín. 26 de marzo - En Iraq, logo dun longo escrutinio de case tres semanas, anúncianse os resultados oficiais definitivos das eleccións parlamentarias. Resulta gañadora con maioría relativa e unha marxe moi estreita a coalición encabezada polo ex-primeiro ministro Iyad Allawi, pero a ausencia de maioría absoluta e as denuncias de fraude do actual primeiro ministro Nuri al-Maliki (cunha coalición que obtivo o segundo lugar) non permiten despexar a dúbida sobre quen encabezará o próximo goberno do país.Ajustada victoria en las elecciones de Irak para la coalición del opositor Alawi, en El Mundo de España. 27 de marzo Celébrase a hora do planeta, en máis de catro mil cidades de 125 países, para concienciar na loita contra o cambio climático apagando as luces durante unha hora. 28 de marzo - Peche dos Xogos Paraolímpicos de Inverno de 2010 en Vancouver. Shawn Michaels retírase ao perder contra The Undertaker na Wrestlemania XXVI. 29 de marzo - En Moscova, Rusia, teñen lugar dous atentados terroristas en estacións do metro causando ducias de mortos e feridos.Dos atentados suicidas en el metro de Moscú dejan al menos 38 muertos 30 de marzo Peche dos Xogos Suramericanos de 2010 en Medellín.
Abril miniatura|230px|Vista satélite da Erupción do volcán Eyjafjallajökull de 2010. 1 de abril - O Treito Sur do Rodoanel Metropolitano de São Paulo é aberto ao tránsito, ligando o interior e o sur do Brasil directamente ao Porto de Santos. 4 de abril - No municipio de Mexicali, México, un forte terremoto de 7,2 graos sacode o norte de Baixa California e o sur de California. 6 de abril - No estado de Río de xaneiro, Brasil, un forte temporal deixa 28,8 cm de auga caída en 24 horas provocando inundacións e aludes de barro cun saldo de máis de douscentos mortos.. 7 de abril - En Kirguistán o presidente Kurmanbek Bakíev é derrocado por un levantamento popular (Revolta de Kirguistán de 2010) causado pola brutal represión de militares e policías ás manifestacións convocadas pola oposición na capital do país, Biskek; e que dexenerou en sanguentos combates na rúa entre as forzas de seguridade e manifestantes fortemente armados. Tras a fuxida do presidente da capital, un goberno provisional formado polos líderes da oposición asumiu o poder de facto e asegurouse o apoio das Forzas Armadas e a policía.La oposición de Kirguistán toma el poder y anuncia que forma un Gobierno interino, en El Mundo de España. 8 de abril - En Praga, República Checa, os presidentes dos Estados Unidos e Rusia, Barack Obama e Dimitri Medvedev respectivamente, asinan o histórico tratado START III de redución de arma nuclear1armas nucleares, o máis ambicioso até o momento; que fixa un tope máximo de 1550 oxivas nucleares para cada un dos dos países tras un prazo de desarme duns anos.EEUU y Rusia entierran la Guerra Fría con un ambicioso e histórico pacto nuclear, en El Mundo de España.