2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 2012 o ano internacional das cooperativas, recoñecendo así a contribución destas ao desenvolvemento socioeconómico, en particular ao recoñecemento á redución da pobreza, o emprego e á integración social que xeran.

Acontecementos Xaneiro

1 de xaneiro: en Nixeria, conflitos por terras deixan un saldo de polo menos 50 mortos. 1 de xaneiro: no Xapón séntese un sismo de 7 graos sen vítimas nin alerta de tsunami. 1 de xaneiro: o Parlamento árabe pide retirar os seus observadores do territorio sirio, o que lle permite ao Goberno ocultar os seus abusos na guerra civil. 4 de xaneiro: descubrimento dos primeiros tiburóns híbridos en Australia. 4 de xaneiro: no fondo do océano Antártico descóbrense novas especies en fontes termais.«Descubren especies en región termal cercana a la Antártida», artigo no diario El País (Uruguai). 4 de xaneiro: lógrase abrir un burato no espazo-tempo, pero cunha duración de 40 picosegundos. 5 de xaneiro: en Bagdad e Nasiriya (Iraq) varios atentados terroristas contra musulmáns xiítas deixan polo menos 78 mortos e decenas de feridos. Esta nova escalada busca incitar a violencia sectaria no país. 6 de xaneiro: en Siria un atentado na capital Damasco deixa polo menos 26 mortos, mentres que a represión das forzas do goberno contra as manifestacións opositoras e os choques armados con militares rebeldes deixan polo menos outros 35 mortos en varias rexións do país.«Con funeral multitudinario despiden a víctimas de atentado en Siria», en El Universal (Venezuela). 6 de xaneiro: en Nixeria ataques terroristas cometidos nos últimos dous días polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram contra cristiáns deixan polo menos 28 mortos e obrigan a impoñer o toque de queda no estado nixeriano de Adamawa para conter unha escalada que podería desatar unha guerra civil sectaria no país.«Grupo islámico amenaza con hundir a Nigeria en una guerra civil», artigo en Milenio (México). 6 de xaneiro: en Somalia un bombardeo aéreo das forzas militares da veciña Kenya contra forzas do grupo fundamentalista islámico somalí Al-Shabbaab (vinculado a Al Qaeda) deixa polo menos 60 milicianos mortos. O bombardeo formaba parte da ofensiva das tropas quenianas para conquistar a cidade costeira somalí de Kismayo baixo control de Al-Shabbaab, en resposta a accións terroristas como o secuestro de cooperantes españois.«Ataque aéreo de Kenia en Somalia deja 60 muertos», en Noticieros Televisa (México). 10 de xaneiro: na cidade de Yamrud (Paquistán), un atentado terrorista deixa polo menos 35 mortos.Atentado en Pakistán dejó un saldo de 35 muertos, en Univisión Noticias. 13 de xaneiro ao 22 de xaneiro: celébranse os primeiros Xogos Olímpicos da Xuventude de Inverno, en Innsbruck, Austria. 13 de xaneiro: afúndese o cruceiro italiano Costa Concordia con máis de 4000 persoas a bordo. Dito accidente deixa 25 mortos.miniatura|O Costa Concordia naufraga nas costas das Illas do Giglio. 14 de xaneiro: na Cidade de Guatemala, Otto Pérez toma a presidencia. 14 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida na cidade de Basora deixa polo menos 53 mortos. As vítimas eran peregrinos que participaban nunha festividade relixiosa islámica xiíta.«Murieron 53 personas en atentado en Irak», en Univisión Noticias (México). 15 de xaneiro: en Guatemala realízase o cambio de gobernos municipais. 15 de xaneiro: en Rada (Iemen), unha forza de asalto de 400 terroristas de Al Qaeda toma o control da cidade e proclama un «emirato islámico», mentres a poboación civil intenta fuxir ante o temor dunha batalla campal cando o exército iemení intente recuperar a cidade.«Miembros de Al Qaeda instauran un “emirato islámico” en la ciudad yemení de Rada», en Radio Televisión Española. 18 de xaneiro: en Birmania, unha explosión causa 3 mortos tras o reinicio das conversacións de paz.«Una explosión causa tres muertos en Birmania tras la reanudación de las conversaciones de paz». 18 de xaneiro: nos Estados Unidos, O Pentágono cifra en 19.000 os casos de abuso sexual nas Forzas Armadas.«El Pentágono cifra en 19.000 los casos de abuso sexual en las Fuerzas Armadas». 20 de xaneiro: en Nixeria varios ataques terroristas cometidos na cidade de Kano polo grupo fundamentalista islámico Boko Haram causan polo menos 250 mortos. Os obxectivos dos ataques eran principalmente comisarías de policía.«Los atentados en Nigeria acaban con más de 250 vidas», en Levante, de Valencia (España). 21 de xaneiro: na India morren polo menos 13 policías nun ataque armado de guerrilleiros comunistas maoístas. 22 de xaneiro: en Finlandia realízase a primeira volta das eleccións presidenciais. 22 de xaneiro: en Nixeria, o grupo Boko Haram continúa a campaña de terror asasinando a 9 persoas de relixión cristiá e destruíndo igrexas. 23 de xaneiro: en Libia un grupo armado de presuntos partidarios do derrocado e falecido ditador libio Muammar al-Gaddafi toman o control de parte da cidade de Bani Walid logo de violentos combates, nun aparente intento de desatar unha rebelión contra o novo goberno. 27 de xaneiro: en Iraq un atentado terrorista suicida nun funeral xiíta en Bagdad deixa polo menos 31 mortos e 60 feridos.Un coche bomba causa al menos 31 muertos y 60 heridos en Bagdad, en El Mundo (Madrid). 30 de xaneiro: en Siria intensifícanse os combates entre as forzas leais ao goberno e os militares rebeldes do exército popular a poucos quilómetros da capital Damasco. As forzas gobernamentais empregan artillaría pesada e tanques nun esforzo para expulsar os rebeldes dos suburbios da capital que controlan.«Las tropas de Asad tratan de frenar a los opositores en su camino a Damasco», en El Mundo (Madrid). 30 de xaneiro: en Bruxelas comeza un cumio extraordinario da Unión Europea para tomar medidas para reactivar o crecemento e o emprego e seguir intentando evitar unha recesión grave nas economías europeas.

Febreiro 1 de febreiro: o peor desastre do fútbol exipcio deixa 80 mortos e 248 feridos en Port Said despois de que miles de seguidores de dous equipos rivais, Al-Masry e Al-Ahly, se enfrontaran no final do partido, causando revoltas populares.«Al menos dos muertos en Egipto en las protestas por la tragedia del estadio de Port Said», en Télam (Buenos Aires). 2 de febreiro: 101 mortos por vaga de frío en Ucraína. 2 de febreiro: o MV Rabaul Queen de Papúa-Nova Guinea naufraga dándose por desaparecidos máis de 100 pasaxeiros. 3 de febreiro: en Siria a oposición denuncia que os bombardeos das forzas leais ao goberno sobre a cidade rebelde de Homs deixaron polo menos 260 mortos e 500 feridos. As forzas gobernamentais empregarían artillaría pesada e tanques para atacar zonas residenciais masacrando os civís, mais o réxime sirio atribúe os ataques a grupos terroristas opositores.«Relatan opositores sirios masacre en Homs», en El Universal (México). 4 de febreiro: en Rusia decenas de miles de persoas maniféstanse a favor e en contra do goberno de Vladimir Putin en concentracións multitudinarias paralelas. A oposición maniféstase esixindo eleccións libres e os oficialistas defendendo a lexitimidade do réxime.«Miles de personas piden elecciones libres y justas en Rusia», en Vanguardia (México). 6 de febreiro: Xubileu de diamante da Raíña Isabel II polo 60 aniversario da súa ascensión ao trono do Reino Unido, Canadá, Australia e Nova Zelandia, e como xefe da Commonwealth. 12 de febreiro: o colectivo Encontro Irmandiño, liderado por Xosé Manuel Beiras, acorda nunha Asemblea Nacional Extraordinaria separarse do Bloque Nacionalista Galego.Xosé Manuel Beiras le a resolución do Encontro Irmandiño en Praza Pública. 13 de febreiro: en Nova Delhi atentan contra embaixadas de Israel, e acusan a Irán. 15 de febreiro: un incendio no penal de Comayagua en Honduras deixa preto de 400 mortos. 15 de febreiro: nun illote de Formentera embarranca o transbordador español Maverick 2, con 27 persoas a bordo. 17 de febreiro: en Alemaña dimite o presidente Christian Wulff a raíz duns escándalos de corrupción e tráfico de influencias.«Dimite presidente alemán Christian Wulff, cercado por los casos de corrupción», en RTVE (Madrid).miniatura|Christian Wulff dimite como presidente alemán por corrupción. 17 de febreiro: no leste de Europa, unha vaga de frío deixa máis de 650 mortos.‎ 17 de febreiro: Italia anula privilexios fiscais da Igrexa católica. 21 de febreiro: no Iemen celébrase a elección presidencial. O único candidato é o até entón vicepresidente do país (e encargado da presidencia desde hai meses) Abd Rabbuh Mansur al-Hadi, cun nomeamento que foi pactado polo réxime e a oposición para acabar co goberno ditatorial de Ali Abdullah Saleh e iniciar a transición á democracia. 22 de febreiro: un accidente ferroviario na Estación Once de Septiembre, Bos Aires, Arxentina, deixa como saldo 51 mortos e 703 feridos. 23 de febreiro: en Iraq, unha vaga de atentados con coche bomba causou polo menos 62 mortes.«Atentados con coches bomba en Irak», en el sitio web Télam. 26 de febreiro: Siria vota en referendo unha nova constitución mentres segue a represión. Os grupos opositores opóñense aos comicios e fan un chamamento a boicotear o proceso, ao considerar que a nova constitución é falsa e o referendo unha fraude, sinalando que Bashar al-Assad nunca respectou a antiga constitución, que garantía a liberdade de expresión e prohibía a tortura. Con todo, a nova constitución consegue o 84,9 % de aprobación civil.«Siria define nueva constitución mientras siguen combates», en Los Andes (Mendoza). 26 de febreiro: en Afganistán, morren asesores estadounidenses tras disputas sobre coráns queimados. Alemaña retira os seus asesores de Cabul, pola escalada de violencia. 27 de febreiro: nas illas Seychelles, un incendio no cruceiro Costa Allegra déixao sen electricidade, con 627 pasaxeiros á deriva, pero sen vítimas mortais.«Incendio en el crucero Costa Allegra», en Cadena Ser. 27 de febreiro: no Iemen, Abd Rabbuh Mansur al-Hadi asume a presidencia, acabando co goberno autocrático de Ali Abdullah Saleh, que durou 33 anos.Fin da autocracia en Iemen, en Google 29 de febreiro: en Siria, o exército inicia o asalto definitivo sobre Homs, a principal das cidades tomadas polo Exército Libre de Siria.O exército sirio asalta Homs en Google 29 de febreiro: o goberno de Corea do Norte ―a cambio de axuda humanitaria― detén o seu programa nuclear (cesamento das probas atómicas, do enriquecemento de uranio na planta de Yongbyon e do lanzamento de mísiles de longo alcance).«A dos meses de la muerte del líder norcoreano, el heredero Kim Jong-Un anunció el cese de sus pruebas atómicas», en Página/12 (Buenos Aires).

Marzo 2 de marzo: en Irán celébranse eleccións parlamentarias. O réxime iraniano non permitiu a inscrición da maioría dos candidatos da oposición reformista democrática, polo que nos comicios participaron principalmente as dúas faccións enfrontadas nas que se dividiu o oficialismo ultraconservador: os partidarios do líder supremo Ali Khamenei, que obtiveron unha vitoria esmagadora, e os do presidente Mahmoud Ahmadinejad, que sufriu unha humillante derrota, mentres que a oposición reformista, que chamara á abstención, denunciou que o réxime inflou falsamente a cifra de participación.«Ahmadineyad pierde fuerza en las elecciones de Irán con la victoria de los leales a Jamenei», en 20 Minutos. 2 de marzo: en Bruxelas os xefes de Estado e de Goberno de todos os países da Unión Europea ―exceptuando Reino Unido e a República Checa― asinan un tratado de austeridade fiscal acordado en principio tres meses atrás e que obriga aos países asinantes a cumprir unha drástica e ríxida disciplina nas súas contas públicas para atallar a crise da débeda soberana e tratar de evitar unha conmoción económica.«Los líderes europeos firman el tratado para reforzar la disciplina fiscal», en La Vanguardia (Madrid).