Vicente Álvarez Miranda, nado en Vilaselán (Ribadeo) o 30 de maio de 1815 e finado en Veracruz (México) en 1858, foi un poeta, político e militar galego.
Traxectoria Era fillo do tenente coronel Vicente Albarez Montis e da súa muller María Pilar Miranda Rodríguez Arango. Estudou no Seminario de Mondoñedo, pero abandonouno para ingresar no exército. En 1840 desertou. Marchou a Madrid, onde foi redactor de El Huracán. En 1842 foi elixido deputado a Cortes pola provincia de Lugo pero abandonou o posto polos acontecementos políticos de 1843, e coa instauración da Monarquía, foise a vivir a Sevilla. Obtivo a cátedra de Latín do Instituto de Bilbao. En 1854 foi nomeado Cónsul Xeral en Anveres, e en 1856 foi trasladado a Veracruz onde morreu.
Obras Fragmentos bélicos de la terrible lucha de los siete años, 1842. El Hijo de María, 1852 (poema histórico). Glorias de Sevilla, en armas, letras, ciencias, artes, tradiciones, monumentos, edificios, caracteres, costumbres, estilos, fiestas y espectáculos, 1859.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas Ficha en Autores galegos Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1815 Categoría:Finados en 1858 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Militares de Galicia