Toni García Arias, nado en Laraxe (Cabanas) o 17 de xullo de 1969, é un escritor en lingua castelá e galega.
Traxectoria Un par de meses despois do seu nacemento, e debido ao traballo do seu pai, que era xefe de obra industrial, a familia trasladouse a Sacardebois (Parada de Sil), e ao cabo dun ano a Puertollano (provincia de Ciudad Real) e despois a Puente Mayorga, barriada de San Roque (provincia de Cádiz). Percorreu cos seus pais e o seu irmán quince provincias de España ata se asentar os dous últimos anos de bacharelato no concello natal.
Comezou os estudos de Ciencias Empresariais na Universidade de Oviedo polo interese na macroeconomía e a bolsa, mais deixou a carreira e fixo Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Conseguiu praza na Región de Murcia, onde exerce como mestre de educación primaria no Colexio Joaquín Carrión de San Javier e profesor da materia de TFM da Universidade Internacional de Valencia. Dirixiu diversos Proxectos de Innovación Educativa, algúns dos cales recibiu mencións internacionais, e participa en diferentes traballos como asesor curricular, especialmente na área de Intelixencia Emocional, Liderazgo de Centros Educativos e Acoso escolar. Ten publicados máis dunha vintena de artigos en revistas especializadas en educación e é autor dos libros Manual para superar la adolescencia, Educación emocional para todos, Hacia una nueva educación, 118 recursos TIC básicos y gratuitos para docentes, La educación de las fortalezas e Cómo mejorar la calidad educativa del centro. Ademais, colabora en programas de televisión como La aventura del saber, de La 2 de TVE, Espejo Público de Antena 3 e Horizonte de Tele 5. En 2019 recibiu o Premio ao Mellor Docente de España de Primaria 2018 dos Premios Educa Abanca, na 2021 o Global Teacher Award e no 2023 foi o único español entre os 50 finalistas do Global Teacher Prize, outorgado pola UNESCO en colaboración coa Fundación Varkey.
Como xornalista, é articulista do diario La Opinión de Murcia, do diario dixital Periodista Digital e da revista neoyorkina Viceversa Magazine. Entre 2005 e 2012 foi redactor da Asociación de la Prensa de la Región de Murcia, na sección de Educación. Ademais, é comentarista habitual do programa de Intereconomía Hablemos de educación. Comezou a súa carreira literaria co poemarios Todos los puertos (2002), ao que seguiron Diccionario de derrotas (2003) e Ángeles caídos (2006), ademais da novela Mentiras para no estar solo (2017). Os seus poemas e relatos foron publicados en diversas revistas literarias en castelán e galego, como Baquiana (Miami), Dorna, ou Andar21. Algúns dos seus poemas foron traducidos ao inglés, francés, italiano e portugués e formaron parte dos exames de selección de Universidades latinoamericanas e españolas.
Premios Primeiro Premio da Cultura do Concello de Cabanas, 2010.
Finalista do IV Concurso Homenaje a Gabriel García Márquez, Ojos Verdes Ediciones, 2016 Mención de Honor nos Premios de Innovación Educativa da Rexión de Murcia, 2017 Premio ao Mellor Docente de España en Educación Primaria, 2018. Mención de honor como Mellor Docente de España, Concello de San Javier, 2019. Mención especial pola carreira profesional e cultural, Concello de Cabanas, 2019. Premio Personaje del año 2019 do xornal La Opinión de Murcia, 2019. Diploma de excelencia por La promoción de una educación multicultural, Goberno de Romanía, 2020. Recoñecemento "Exemplo de docente" da Unión Europea, 2020. Premio Top Global Humanitas: categoría Desenvolvemento Persoal, 2021 Premio Global Teacher Award 2021 Top 50 do Premio Global Teacher Prize 2023
Obra Novela Mentiras para no estar solo (Apeiron, 2017)
Poesía Todos los puertos (Nausícaä, 2002) Diccionario de derrotas (Nausícaä, 2003) Ángeles caídos (Renacimiento, 2006)
Educación Manual para superar la adolescencia; tratado de educación e inteligencia emocional (Málaga, Ediciones Aljibe, 2013)
Hacia una nueva educación (Sevilla, Editorial MAD, 2016) Educación emocional para todos (Madrid, LoQueNoExiste Editorial, 2016) 118 recursos TIC básicos y gratuitos para el docente (Sevilla, 7 Editores, 2017) Como mejorar la calidad educativa del centro (Madrid, Pirámide, 2020) La educación de las fortalezas (Madrid, Pirámide, 2020) Aulas sin bullying, aulas sin miedo (Madrid, Pirámide, 2025) La lengua que nos emociona (Murcia, Consejería de Educación de la RM, 2025) Te va a reñir ese señor (Madrid, Independently published, 2025)
Relatos “Yesterday”, en VV.AA., Cuentos que llevó el cartero (Fuentetaja, 1998) “El Parque”, Revista LEER. El Magazine Literario, N.º 10 (1999) “Malos tempos”, Diario La Voz de Galicia, Páxinas Literarias, (2000) “Música para teus ollos”, en VV.AA., Relatos de verán 2001 (Ir-Indo, 2001) “Ocho por siete”, en VV.AA., Relatos de verán 2002 (Ir-Indo, 2002)
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Cabanas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes