A Fontela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, en 2022 tiña 165 habitantes (69 homes e 96 mulleres). Orixinalmente este lugar pertencía á parroquia de Santiago de Tollo, anexionada en 1760.
Sitúase ó leste da parroquia, a carón do río Miño. O nome de A Fontela vén de fontanella, un diminutivo de fonte, e fai refrencia ás moitas fontes que había no barrio.
No lugar dos Tornos, segundo a sabedoría popular, había unhas estacas que separaban as casas da parroquia de Tollo das do Couto. No Outro lugar é O Padrón, que segundo M. Fernández Rodríguez debe o seu nome a unha pedra grade (pedrón) que estaba ó fondo de dito lugar, onde hai tempo amarraban os barcos. No catastro de Ensenada referente a Tollo, no apartado de propiedades di:
Outro dos lugares é As Fonteliñas, onde hai varios mananciais.
Lugares e parroquias Lugares de Goián
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Tomiño
Categoría:Lugares de Tomiño