O século XVIII foi o tempo transcorrido entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración. thumb|Límites políticos a principios do ano 1700.

Acontecementos importantes Guerra de Sucesión Española Música clásica, que tomou o lugar da música barroca Colonialismo Terremoto de Lisboa Independencia dos Estados Unidos de América Revolución francesa

Acontecementos Década de 1700 1701-1714: Guerra de Sucesión Española 1703: Pedro o Grande funda San Petersburgo, que será a capital de Rusia até 1918. 1707: Coa Lei de Unión, que reúne os parlamento inglés e escocés, estáblecese o Reino Unido de Gran Bretaña. 1707: Coa morte de Aurangzeb, o Imperio Mogol e]]ntra nun longo declinio.

Década de 1710 1715: Morre Lois XIV de Francia, deixando o país en profunda déveda. 1718: Os franceses fundan Nova Orleáns en Norteamérica.

Década de 1720 1720: A Borbolla do Mar do Sul 1721: Robert Walpole tórnase no Primeiro Ministro de facto do Reino Unido. 1722-23: Guerra ruso-persa 1722: Os afgáns conquistan Irán, póndolle fin á dinastía safávida. 1722: Morre Kangxi, emperador da China.

Década de 1730 1733-38: Guerra da Sucesión Polaca 1735-39: Expansión do territorio da China baixo o emperador Quianlong. 1736: Nadir Shah asume o título de Xa de Persia e funda a dinastía afshárida. Gobernou até a súa morte, en 1747. 1739: Nadir Shar vence os mogois e saquea Delhi.

Década de 1740 1740: Frederico o Grande é coroado Rei de Prusia. 1740-48: Guerra de Sucesión Austríaca 1741: Os rusos comezan a se asentar nas Illas Aleutianas. 1745: Iníciase a Segunda Rebelión Xacobita na Escocia. 1747: Ahmed Shah Durrani funda o Imperio de Durrani no actual Afganistán.

Década de 1750 1750: Pico da Pequena Idade de Xeo 1755: Terremoto de Lisboa 1756-63: Guerra dos Sete Anos entre varias potencias europeas en varios lugares do mundo. 1757: Coa Batalla de Plassey iníciase o dominio británico sobre a India.

Década de 1760 1760: Xurxo III tórnase rei da Gran Bretaña. 1762-96: Reinado de Catarina a Grande de Rusia. 1768 Os gurkhas conquistan o Nepal. 1768-74: Guerra turco-rusa. 1769: Misioneiros españois establecen as primeiras 21 misións na California. 1769-73: A Fame de Bengala de 1770 acaba cun terzo da poboación india.

Década de 1770 1772-1795: As Particións de Polonia rematan coa Comunidade Polaco-Lituana e eliminan Polonia do mapa durante 123 anos. 1775-1783: Guerra de Independencia Americana 1779-1879: Guerras xhosa entre colonos británicos e boer e os xhosas en Suráfrica.

Década de 1780 1787: Escravos fuxidos de Londres fundan Freetown na actual Serra Leoa. 1788: Establécese o primeiro asentamento europeo en Australia, Sydney. 1789: George Washington é escollido primeiro presidente dos Estados Unidos. Ocupou o cargo até 1797. 1789-99: Revolución Francesa.

Década de 1790 1791-1804: Coa Revolución de Haití o novo país convértese na primeira república negra. 1796: Os británicos expulsan os neerlandeses de Sri Lanka. 1797: Napoleón invade e divide a República de Venecia, dando fin a máis dun milenio de independencia. 1799: Napoleón convértese en ditador de Francia.

Inventos e descubertas 1709: Bartolomeo Cristofori constrúe o primeiro piano. c. 1710: Thomas Newcomen inventa a máquina de vapor c. 1730: John Hadley en Inglaterra e Thomas Godfrey nos Estados Unidos desenvolven o sextante 1736: Charles-Marie de la Condamine descobre o caucho nunha expedición a Suramérica. O nome dállo Joseph Priestly en 1770. c. 1740: Benjamin Huntsman introduce o aceiro moderno. 1741: Vitus Bering descobre Alasca. 1745: Ewald von Kleist inventa a xarra de Leyden, o primeiro capacitor eléctrico 1751-85: Publícase a Enciclopedia Francesa 1755: Samuel Johnson publica o seu Dicionario de lingua inglesa. 1764: James Hargreaves crea a Spinning Jenny, a roca mecánica que porá en marcha a Revolución Industrial 1761: John Harrison soluciona o problema do cálculo da lonxitude co seu cronómetro. 1768-79: James Cook explora os límites do océano Pacífico e descobre numerosas illas. 1776: Adam Smith publica A riqueza das nacións, texto fundamental da moderna teoría económica. 1798: Jan Ingenhouse descobre a fotosíntese. 1798: Edward Jenner publica un tratado sobre a vacinación contra a varíola. 1799: As tropas napoleónicas en Exipto descobren a Pedra de Rosetta.

18