San Xoán de Camba é unha parroquia do concello do Castro de Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 80 habitantes, deles 43 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.

Eclesiasticamente, a parroquia foi suprimida na primeira metade da década de 1980, de xeito que os lugares de Casasoá, Montemiao e San Martiño se incorporaron ó Burgo de Caldelas, e os de Piñeiroá e San Xulián fixérono ao Castro de Caldelas.

Patrimonio En terras desta parroquia existiu o antigo mosteiro de San Xoán de Camba, fundado polo bispo Diego I (942-958) a mediados do século X. Os únicos restos materiais deste mosteiro son tres pezas que conserva o Museo Arqueolóxico de Ourense: unha ventá xeminada e dous relevos figuradosArqueoloxía prerrománica e Medieval , na web do Museo de Ourense..

Galería de imaxes

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Camba

Parroquias do Castro de Caldelas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Castro de Caldelas

Categoría:Parroquias do Castro de Caldelas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán Categoría:Parroquias civís galegas que non coinciden coas eclesiásticas