260px|miniatura|O Escalda ao seu paso por Anveres O río Escalda (en neerlandés Schelde, en francés Escaut, en alemán Schelde, en inglés Scheldt) é un río que nace en Francia, atravesa Bélxica e desemboca no mar do Norte, en territorio dos Países Baixos.
O río desempeñou un papel determinante no desenvolvemento político e económico da zona, no que hoxe é Flandres, Brabante e Hainaut.
Orixínase en Gouy, no departamento de Aisne, no norte de Francia. Diríxese cara ao noroeste e pasa polas cidades de Cambrai e Valenciennes; máis abaixo atravesa a fronteira con Bélxica e baña as cidades de Tournai e Gante. En Gante úneselle o río Lys, o seu principal afluente pola esquerda. Desde aquí diríxese cara ao leste. Preto de Anveres, a maior das cidades no seu curso, o Escalda diríxese cara ao oeste, penetra nos Países Baixos e finalmente desemboca no mar do Norte. Ten unha lonxitude de 355 km.
A súa desembocadura mariña ábrese nun amplo estuario de varios quilómetros de anchura, onde os seus depósitos sedimentarios deron orixe a unha riqueza ecolóxica pouco común.
O Escalda, polo seu escaso desnivel, é un río lento, de pouca potencia de fluxo. Por iso as mareas fanse sentir ata unha distancia de 160 km desde a súa desembocadura no mar. Son moi importantes os diques realizados en Zelandia (Países Baixos) para protexer as terras das inundacións das mareas e dos temporais.
Ao longo do seu curso e o dos seus principais afluentes construíronse uns 250 diques e esclusas, entre os que podemos citar a Scarpe, a Lys e a Sensée.
O río Escalda é navegable desde a cidade francesa de Cambrai e constitúe unha importante vía de navegación, sendo o porto de Anveres o segundo en importancia de Europa. Varias canles, incluído o canle Alberto, conectan o Escalda coas concas dos ríos Rin, Mosa e Sena, e coas áreas industriais de Bruxelas, Liexa, Lille e Mons.
Escalda Escalda Escalda Categoría:Ríos europeos continentais da vertente Norte