San Martiño de Sabadelle é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 485 habitantes (254 homes e 231 mulleres).

Historia Don Rodrigo Aras, cabaleiro de Aguiar, o 11 de xuño de 1301 merca un souto de castiñeiros en Sabadelle.

Patrimonio A igrexa de San Martiño de Sabadelle é románica bastante reformada. Conserva a portada occidental e gran parte dos muros da nave cos canzorros. No interior mantense o arco triunfal que da paso ao presbiterio moderno e parte dun artesoado mudéxar.

Lendas En Sabadelle, a moitos quilómetros da costa, recolleuse unha lenda protagonizada por unha balea. Crese que só existe unha balea en todo o mar, e que pare unha cría cada cinco anos. Coincidindo co momento do parto, as mulleres embarazadas corren perigo de abortar, porque se considera que a balea está directamente relacionada co Mal. Cando a balea sente que vai morrer, diríxese a varar na costa, quedando no mar o baleato.

Lugares e parroquias Lugares de Sabadelle

Parroquias do Pereiro de Aguiar

Notas

Véxase tamén Bibliografía VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 71.

Outros artigos Lugares do Pereiro de Aguiar

Categoría:Parroquias do Pereiro de Aguiar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño