Segundo a mitoloxía grega, Laodamia (Λαοδάμεια, Laodámeia) foi filla de Acasto e de Astidamía.
Casou co heroe tesalio Protesilao, ó que amaba apaixoadamente, pero este embarcouse axiña na frota aquea comandada por Agamenón contra Troia.
A profecía aseguraba que o primeiro guerreiro que desembarcara en Troia sería tamén o primeiro en morrer, como así foi. Cando ela soubo que o seu marido morrera na guerra de Troia, suplicou ós deuses que o fixeran volver do Hades. Zeus accedeu e deixouno volver, pero só durante tres horas. E ó pasar este breve tempo, cando Protesilao tiña que desaparecer para regresar ó Hades, ela suicidouse nos seus brazos para seguilo ó outro mundo.
Parece ser que o matrimonio non se celebrara de forma completa pois non se fixeron os sacrificios rituais, e dise que a súa morte foi como castigo divino por ese sacrilexio.
Pero tamén se conta que Laodamía mandou facer unha estatua de cera (ou de bronce ou de ouroDe cera segundo Grimal, s. v. Laodamía; de ouro, segundo Hixino 104 na edición de Alianza; de bronce, segundo Hixino nas edicións de Gredos 2009 ou de Ed. Clásicas 1997.), imitante do seu home, e, simulando que o rendía culto, deitábase no leito conxugal abrazada a ela. Un criado que a viu abrazando e bicando a estatua, pensou que se trataba dun amante e foi dicilo ó pai, Acasto. Este entrou na alcoba e descubriu a estatua polo que, espantado por tal obsesión, botou a estatua ó lume pero ela, por amor ó seu home, lanzouse á fogueira coa estatua e morreu abrasadaHixino, 104; Grimal s.v. Leodamía..
Leodamía na literatura Existiu unha traxedia de Eurípides, que non se conserva, na que se narra o episodio de Protesilao e Leodamía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega