Daniel Aranzubia Aguado, nado en Logroño o 18 de setembro de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria miniatura|120px|esquerda|Aranzubia nun Athletic-Celta (29 de outubro de 2005)Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, no 2000 incorporouse ao primeiro equipo. Na súa primeira temporada xoga tan só dous partidos de liga. Debuta na Primeira división española o 10 de abril do 2001 nun partido Athletic 1-3 Real Sociedad. Ata a temporada 2006/07 (inclusive) xogou un total de 152 partidos de liga en Primeira división.

Durante o verán do 2007 estivo a piques de ser fichado polo Real Zaragoza, pero finalmente, decidiu quedar no Athletic.Marca - Aranzubía non cede nas súas pretensións e o Zaragoza descártao (28-07-2007)

No 2008 decide rematar o seu ciclo co AthleticDes Aranzubia: Voume de aquí agradecido ao club e comezar un novo no Deportivo, baixo as ordes de Miguel Ángel Lotina. Aquí consegue facerse axiña coa titularidade do equipo encadeando unha serie de boas actuacións que lle fan recuperar o seu mellor nivel logo das últimas temporadas un tanto irregulares no Athletic de Bilbao.

O 20 de febreiro de 2011 anota contra o UD Almería o seu primeiro gol como profesional, ao rematar dentro das mallas un saque de esquina no minuto 94 de partido, significando o 1-1 definitivo, sendo este un gol histórico ao ser a primeira vez que un porteiro marca de cabeza na Primeira División Española.Aranzubia consegue o que Songo'o rozou na 1999-00

Selección nacional Asiduo as categorías inferiores da Selección de España, foi campión do mundo Sub-20 de 1999 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Aranzubia foi o porteiro titular en ambas finais.

Coa selección absoluta de España disputou un encontro. Foi un partido amigable contra Andorra xogado o 5 de xuño do 2004, no que Aranzubia xogou a media hora final. Posteriormente, integrou o combinado español que participou na Eurocopa 2004 como porteiro suplente. Aranzubia non volveu ser convocado pola selección española tras a dimisión do seleccionador Iñaki Sáez, que fora o seu técnico nas categorías inferiores e quen lle fixo debutar coa absoluta.

Palmarés Deportivo Segunda División: 2011–12

Atlético de Madrid Primeira División: 2013–14

España sub-20 Copa Mundial de fútbol sub-20: 1999

España sub-23 Xogos Olímpicos: Medalla de prata 2000

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en fifa.com Datos do xogador en futbol.sportec.es

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000