miniatura|270x270px|Morte, debuxo de Teodors Ūders (1914) As diferentes actitudes ante a morte —propia ou dun ser querido— responden, o mesmo que noutros momentos transcendentais da vida, ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive.Non se entende o mesmo o fenómeno da morte na sociedade urbana que na Galicia rural; nin tanpouco na Galicia do século XIX e primeira metade do XX que na Galicia do século XXI. A Galicia rural, ata hai ben pouco claramente diferente da Galicia urbana, baseábase nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido tanto no seu modo de entender a vida como no seu modo de enfrontarse á morte. As tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples supersticións, tiñan un significativo valor afectivo e humano, e estaban destinadas a asumir ese momento, a aliviar a dor dos familiares e a fortalecer os lazos que unían ós membros da parroquia ó redor da persoa que falecía e da súa familia.

Diferenzas na concepción da morte no medio rural e no medio urbano miniatura|dereita|250px|Cemiterio de Goiriz, Vilalba (Lugo) A morte pode entenderse como o tránsito desta vida, material e corpórea, a outra vida, espiritual. Trataríase neste caso dunha fase máis da cadea vital que comezaba no momento de nacer, e quizais de aí a consideración da morte como viaxe. Pode entenderse tamén como un punto final, no que todo acaba definitivamente. Por exemplo, os antropólogos Vicente Risco e Mariño Ferro afirman sen dúbida que na Galicia rural rexía a primeira opción: A morte non é, dende logo, cousa boa, mais tampouco é cousa á que se tema moito. "Ó fin –di a xente- morrer hai que morrer". O que se desexa é unha boa morte, con consciencia e cos sacramentos todos; o contrario é "morrer coma un can". Cando un enfermo recibiu todos, din que está "despachadiño de todo" (Risco 1962: 352) O campesiño galego nega que a morte sexa o fin. Cre que vivirá eternamente no Alén e cre nun tránsito ininterrompido, sen rupturas, entre esta vida e a outra (Mariño Ferro 2000, 439).

Entender a morte desde un ou outro punto de vista responde, como xa se dixo, a criterios relixiosos, principalmente, ou filosóficos pero, sexa como for, vai explicar as grandes diferenzas no tratamento social que se lle vai dar a ese momento e na asimilación das súas consecuencias, tanto por parte do suxeito que morre como por parte do ambiente familiar e social que o sobrevive. miniatura|Cruz nun cemiterio dunha parroquia rural|esquerda

Na Galicia rural, tradicional, a morte era algo sempre presente, cotiá, á que se esperaba e para a que cumpría prepararse. O pobo galego contemplaba o momento da morte como unha especie de continuidade desde a vida terreal e corpórea, identificada como a parroquia dos vivos a unha vida espiritual, extracorporal, identificada como a parroquia dos mortos. E os habitantes dunha e doutra, vivos e ánimas, interactúan constantemente, dunha forma máis ou menos evidente.V. Vaqueiro, s. v. morte.

Desde sempre, este tránsito estivo rodeada dun complexo sistema de prácticas ritualizadas que comezaban a pórse en acción desde os momentos previos ó pasamento ata máis ou menos tempo despois de producirse este. Estas prácticas, algunhas herdadas desde tempos da romanización ou anteriores, establecéronse secularmente na memoria colectiva, sendo asumidas e coñecidas por todos. En definitiva, e aínda que se saiba perfectamente que a todos nos chega (Ó fin, morrer hai que morrer), no momento último da morte o protagonista está só e ten medo. Tamén a familia vive unha sensación semellante, ante a inminencia da ausencia do ser querido e da perda da súa presenza e amparo. Por todo iso, o grupo familiar e social ó que pertencen préstase a axudar no que estea na súa man e a compartir a dor, e acoden á casa para demostrar esa solidariedade, ese apoio, ese conforto, nunha despedida que quere pór en evidencia que os protagonistas directos non están sós.

Para unha mellor descrición dos costumes tradicionais que existiron en Galicia ó redor da morte convén diferenciar os distintos momentos ou fases cronolóxicas que se van suceder: A morte anunciada: agoiros da morte e preparación do moribundo e da súa familia. O pasamento: momento no que ocorre a morte e presentación do corpo. O velorio: despedida de familiar ou amigo por parte do grupo familiar e social ó que pertencía, á vez que manifesta á familia que non está soa. o enterro: a familia e os amigos acompañan o morto á súa última morada e danlle terra. A lembranza: a vida segue e os que se foron se instauran na memoria dos que quedan.

A morte anunciada Unha das características máis específicas da diferente concepción ante a morte entre o medio rural e o urbano é a preferencia no primeiro por unha morte consciente e anunciada, que permita a necesaria preparación espiritual e dea tempo para poder deixar solucionadas as últimas vontades, fronte á morte rápida, súbita, á que se aspira na cultura urbana. Cómpre lembrar a súplica contida na ladaíña dos santos: A subitanea et improvisa morte, libera nos, Domine

Esta distinción dá pé ós conceptos de morte morrida —a que sería por morte natural— fronte a morte matada, porque unha boa morte é a mellor sorteA cruz que se adoita colocar no lugar onde se produciu unha morte violenta, para pedir as oracións dos transeúntes, obedece á crenza de que, por non recibir os sacramentos, a ánima de quen morreu estará probablemente no purgatorio. Hoxe en día, segue facéndose isto mesmo en moitos casos de mortes en accidentes de tráfico.. Neste senso de preparación previa á morte cadra a crenza popular de que o Demo busca provocar mortes repentinas, que non permitan o arrepentemento, ou que mata os meniños no ventre da nai, para que non poidan ser bautizados.Vicente Risco: Satanás. Historia del diablo, Nigratrea, Vigo 2003, 82.

Ó campesiño galego resúltalle inquietante a morte imprevisible. É a morte repentina. Estiman boa morte a que dá tempo a recibir o sacramento e a facer o testamento que asegure a paz na familia. Pola contra, temen a morte violenta ou por accidente que non lles permita prepararse (Mariño Ferro 2000, 441).

Agoiros da morte miniatura|250px|Exvotos no castelo de Sobroso, Mondariz. En calquera caso, crese firmemente en que a morte sempre avisa, o que permite prepararse para ese momento, e iso axuda a minorar a angustia da ameaza constante da morte. O conto é saber captar os anuncios que nos envía. Estes avisos chegan por distintas vías: ánimasExiste certo matiz que distingue as almas e as ánimas: este termo aplícase especialmente ás almas que aínda están no purgatorio. ou espíritos que se achegan a quen vai morrer ou a alguén do seu contorno (o caso máis coñecido sería o da Santa Compaña); a propia morte que vén advertir o futuro defunto, antes de vir buscalo definitivamente; ou mediante outros sinais emitidos, normalmente, por distintos animais.

Porque a miña vida cóntase por días ou cicais por horas. Non tardarei en comer terra. Avisoume a Morte, ¿sabendes? Ela mesma. Cando chegamos cabo da eirexa, ollei un corvo e mais unha pomba, e aquilo non me gostou. Entón o pantasma mirou para min e a lúa bateulle na cara. ¡Éravos a Morte! E faloume desta maneira: "Eu son o que che vai poñe-lo sangue frío como unha pedra; esa pomba é a túa vida e ese corvo é o teu namoramento serodio. Prepárate porque un día destes irei a buscarche" (Castelao: Os vellos non deben de namorarse, 535).

A capacidade de percibir este tipo de avisos non é común e crese que algunhas persoas son máis propensas que outras. Son os vedoiros, que poden chegar a ver o enterro tal como se vai producir, recoñecendo tanto o morto como os que o acompañan. En Santalla de Román (Vilalba, Lugo), vivía un destes vedoiros. Dunha volta díxolle a unha muller que vira o enterro do seu irmán, e que levaría cinco coroas. Efectivamente, morreu o irmán desta muller e ela encargou catro catro coroas. O caso foi que durante o traxecto ó cemiterio apareceron varios amigos do home, cunha coroa, e así foi enterrado con cinco coroas, como predixera o vidente.Galicia Encantada.

En canto os animais que agoiran unha desgraza, os anuncios de morte máis recoñecidos sonEn Portugal cren que soñar cun touro anuncia unha desgraza ou morte inminente (Maças: 312).: miniatura|250px|Un corvo, agoiro de morte Ver un corvo no camiño ou nas proximidades da casa, ou cando pasan voando e grallando por riba da casa; Risco matiza esta información: se berra do lado da dereita, é bo sinal, pero se o fai do lado da esquerda, é mal agoiro.Vicente Risco 1962, 483. O corvo é de mal agoiro por ser negro, por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que axotalo dicíndolle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta"Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio o Vello..

Un sucedido semellante aconteceu na Pobra de Trives (Ourense). Estaban a charlar dous homes e veron pasar unha bandada de corvos sobre a cada dun deles, Xan. Xan díxolle ó outro que tivo que morrer o fillo de Delores, que vivía ó seu carón e tiña unha grave pulmonía. O outro retrucoulle que os corvos pasaron sobre a súa casa, non sobre a de Delores, pero Xan defendíase dicindo que na súa casa non tiña enfermo a ninguén. Pero o certo é que ó outro día caeulle a muller de Xan do corredor embaixo e matouse, mentres que o fillo da Delores terminou por curar.Eleuter Pérez: "Da Puebla de Trives: agoiros", en "Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós nº 17, 1.03.1923, px. 20. Tamén se supón que as pegas voando sobre unha casa agoiran unha desgraza.Rodríguez López, 100., se ben parece ser que só se grallan á esquerda da casa.José Curt, 317. "Cando cantan á esquerda, morte segura; á dereita, nada" [en castelán no orixinal]. No Vicedo (Lugo) tamén cren que agoira morte (Hacia onde pon o rabo, deixa o recado), especialmente se van dúas pegas xuntas e miran cara un mesmso lado, ou cando peteiran no cristal da ventá.Galicia Encantada. O canto do moucho, da curuxa ou doutras aves rapaces nocturnas. O canto lúgubre destas aves remeda os xemidos e o pranto. O moucho agoira unha morte próxima cando se pousa ou vén cantar enriba da casa de alguén ou nas árbores próximas."Cando un moucho chía, pide morte" (Leiro Lois, Adela (dir.) (1986): Cambados: a tradición oral. Cambados: Colexio Público Castrelo, px. 67.Por veces, o propio moucho interprétase como personificación da morte: Eu ben vin estar o moucho/ encima dun gacio de uvas,/ vaite daí morte negra,/ desamparo das viudas. E chega a tomar o nome do que se cre agoira: paxaro da morte. A galiña que canta coma o galo. Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que tal feito, propio da vellez, agoira a morte. Para espantar o agoiro hai que dicir: Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casaRodríguez López, 101.. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que matar a galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela."Pero cando che canten as pitas com'o galo, sabes o que debes facer? mata a pita que che cantou com'o galo, y-así a disgracia que che iba a vir non che ven, porque asi caiche a disgracia sobre a pita" (Eleuter Pérez, Nós 17, 1.03.1923, 20). Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: Morte por morte, en ti cai a sorteRivas Quintas: s. v. morte.. Tamén se cre un presaxio negativo escoitar o galo cantar fóra do tempo: Cando o galo canta a deshora, ó seu dono venta na cova.Antonio Fraguas Fraguas: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas. Edicións do Castro, Sada 1990, 53.