Miguel Ángel Lotina Oruechebarría, nado en Meñaka (Biscaia) o 18 de xuño de 1957 é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba na demarcación de dianteiro e destacou no desaparecido Logroñés, club do que é o máximo goleador histórico.

Traxectoria Como xogador En Meñaka pasou a súa infancia Miguel Ángel Lotina, o menor de oito irmáns. Aprendeu castelán no colexio ben entrada a súa mocidade. Futbolista desde os 20 anos, sempre foi seguidor do Athletic de Bilbao. Dúas das súas irmás, Francisca e Begoña, eran misioneiras do Sagrado Corazón e estiveron en Kenya e o Camerún.

Empezou xogando no CD Munguía e no Gernika Club, en Terceira División, para pasar logo ao CD Logroñés. Militou oito tempadas no club rioxano, ascendendo de Segunda B a Primeira División e converténdose no máximo goleador da historia do club, con 102 goles. Tamén xogou dúas tempadas no CD Castellón entre 1981 e 1983.

Como adestrador Xa como técnico, leva máis de 30 anos adestrando equipos de fútbol de tódalas categorías. Saltou á primeira plana cando dirixía ao CD Numancia, que entón militaba en Segunda B, despois de que na tempada 1995-1996 tivese unha incríbel racha na Copa do Rei eliminando a tres "primeiras" (Real Sociedad, Racing de Santander e Sporting) e tras estar a piques de eliminar tamén ao FC Barcelona. Lotina gañou un prestixio como adestrador, onde xa se estreara con anterioridade no CD Logroñés B durante tres tempadas. Precisamente foi este equipo quen o contratou para darlle a oportunidade de debutar como adestrador de Primeira División na campaña 1996-97.

Máis tarde dirixiu o CD Badajoz (1997-98), outra vez ó CD Numancia (1998-99), co que logrou o ascenso a Primeira; despois ao Osasuna, equipo que tamén levou a Primeira División (1999-2002); o Celta de Vigo, equipo que levou á Liga de Campións por primeira e única vez na historia (2002-2004), e o RCD Espanyol co que conseguiu a Copa do Rei (2004-06), onde demostrou humildemente o seu bo facer no complicado mundo dos bancos.

Non tan exitosa foi a súa tempada na Real Sociedad (2006-07), onde chegou iniciada a tempada e co equipo que antes adestrara José Mari Bakero nunha lamentable situación. Lotina tratou de reconducir a situación pero salvo Sávio o resto de fichaxes realizadas no inverno foron un auténtico fracaso (Herrera, Víctor López e Jesuli). Ademais en Donostia non chegaron nunca a entender o excesivo conservadorismo das súas formulacións coa gran necesidade de puntos que tiña o equipo, o cal unido ao primeiro descenso realista en 40 anos provocou a saída pola porta de atrás do adestrador.

Tras deixar a Real Sociedad ficha polo Deportivo da Coruña. Na súa primeira tempada consegue unha gran segunda volta e clasifica ó equipo para xogar a Copa Intertoto, competición na que consegue unha praza para a Copa da UEFA do ano seguinte. O 23 de maio de 2011 anunciou a súa renuncia, despois do descenso do Deportivo á Segunda División, deixando unha amarga lembranza entre os seareiros branquiazuis pola súa formulación excesivamente defensiva e a pouca confianza que expresaba."Lotina confirma a súa marcha do Dépor"

O 19 de marzo de 2012, o Villarreal CF confirmou a súa contratación tras despedir a José Francisco Molina debido aos malos resultados e á posición do equipo na clasificación. Así, Lotina chegou co obxectivo de intentar manter en primeira división ao conxunto amarelo.El Villareal confía su suerte a Lotina Ao final da tempada o equipo descendeu a Segunda División."¡Desciende el Villarreal! y el Sporting le acompaña"

Palmarés Como adestrador Espanyol Copa do Rei: 2005–06

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Meñaka Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Gernika Club Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do CD Logroñés Categoría:Adestradores do CD Numancia Categoría:Adestradores do CD Badajoz Categoría:Adestradores do CA Osasuna Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do RCD Espanyol Categoría:Adestradores da Real Sociedad Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do Villarreal CF Categoría:Adestradores do AC Omonia Categoría:Adestradores do Al-Shahania SC Categoría:Adestradores do Tokyo Verdy Categoría:Adestradores do Cerezo Osaka Categoría:Adestradores do Shimizu S-Pulse Categoría:Adestradores do Vissel Kobe