O Tour de Francia ("Volta" a Francia) é unha competición ciclista por etapas, a máis afamada de todas, que se disputa en Francia e outros países limítrofes durante tres semanas do mes de xullo. Comezou a celebrarse en 1903 con periodicidade anual que só foi interrompida entre 1915 a 1918 por mor da primeira guerra mundial e desde 1940 ata 1946 pola segunda guerra mundial.
Constitúe, polo tanto, a carreira máis importante dentro da clasificación ciclista que establece a UCI ProTour; xunto coa Vuelta Ciclista a España e o Giro de Italia constitúe o grupo das Grandes Voltas de tres semanas.
Historia O primeiro Tour tivo lugar no ano 1903, como unha iniciativa do diario L'Auto. Pouco a pouco, foi adquirindo prestixio como carreira ciclista ata, na actualidade, elevarse á posición de evento ciclista máis importante do ano. Na actualidade, e a diferenza dos seus comezos (nos que tiña poucas etapas pero moi longas), o Tour ten 21 etapas e 2 días de descanso para os corredores.
O Tour adoita ter lugar en territorio francés; así e todo, é moi frecuente que unha ou varias etapas comecen, rematen ou pasen por outros países, como Italia, España, Suíza, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Alemaña e incluso o Reino Unido ou Irlanda.
O percorrido do Tour cambia tódolos anos. Na primeira etapa, adoita haber un prólogo (breve contra o reloxo individual); a continuación, unha primeira semana na que non se atravesan grandes dificultades montañosas; unha contra o reloxo; e a continuación o paso polas dúas grandes cadeas montañosas (Pireneos e Alpes ou Alpes e Pireneos, a anos alternos); logo, outra contra o reloxo que ten lugar o penúltimo día; e, ó final, unha etapa chá que remata nos Campos Elisios de París. Tamén é habitual que haxa na primeira semana unha contra o reloxo por equipos.
Na actualidade, e tras 16 anos so a dirección de Jean-Marie Leblanc, o director do Tour é Christian Prudhomme.
Maillots miniatura|Lance Armstrong co maillot jaune. Ó igual que outras carreiras ciclistas, o Tour de Francia ten diferentes clasificacións, ó primeiro clasificado das cales se lle dan determinadas mallas: Maillot jaune (amarelo) ó líder da clasificación xeral da carreira (o gañador). Maillot vert (verde) para o ciclista que acadou maior número de puntos na clasificación dos sprints (que se obteñen ós finais das etapas e nos sprints intermedios). Maillot à pois rouges (a puntos vermellos) para aquel que ten maior número de puntos na clasificación da montaña (estes puntos obtéñense ó pasar nos primeiros postos polo cume dos montes. Canto maior sexa a categoría das montañas, maior é a cantidade de puntos). Maillot blanc (branco) para o ciclista novo (de menos de 25 anos) que mellor clasificado está.
Outras clasificacións teñen outras formas de se sinalaren: A clasificación da combatividade. Cada día, os xuíces escollen o corredor máis combativo da etapa anterior e proporciónanlle un dorsal (o número que levan nas costas) vermello para o distinguir. A clasificación por equipos. Para calculala, súmanse os tempos de carreira dos tres primeiros corredores do equipo. Tódolos ciclistas do equipo que ocupa o primeiro lugar nesta clasificación reciben un dorsal amarelo.
Como en tódalas demais carreiras, o campión do mundo pode levar a malla arco-da-vella que o diferencia, e os campións nacionais poden levar a malla do seu propio país.
A carreira No respectivo ás etapas de contra o reloxo e de montaña, o Tour funciona como tódalas demais Grandes Voltas. Porén, ten certos detalles que o diferencian:
Contra o reloxo por equipos Na meirande parte dos Tours, adoita haber unha contra o reloxo por equipos na primeira semana. Porén, este feito deu lugar a moitas críticas a raíz de que Lance Armstrong, que dispuña dun equipo moi forte, se distanciaba moito dos seus rivais, con equipos máis modestos. Para tentar solucionalo, o Tour estableceu unha norma na contra o reloxo por equipos, que tamén recibiu gran cantidade de críticas.
Esta norma di que o máximo tempo que pode perder o segundo equipo respecto do primeiro clasificado é de 20 segundos. No caso do terceiro, son 30 segundos (tamén respecto do primeiro); o cuarto, 40; e así sucesivamente ata o décimo quinto clasificado, que pode perder como máximo 2 minutos 30 segundos (150 s). A partir de aí, as diferenzas van de 5 en 5 segundos.
Por exemplo, se nunha carreira o segundo equipo chega con 5 minutos de atraso respecto do primeiro, cóntase como se só perdese 20 segundos. Pola contra, se chega a 5 segundos este tempo manténselle.
As bonificacións e as chegadas Durante todo o Tour (diferenciándose nisto, por exemplo, da Vuelta a España, que só o fai na primeira semana), os corredores que chegan nos primeiros postos á meta reciben unha bonificación que lles desconta segundos (20 ó primeiro, 12 ó segundo, 8 ó terceiro).
En 2006 decidiuse que a aqueles ciclistas que caesen nos últimos 3 quilómetros de cada etapa se lles daría o tempo que conseguirían se non caesen.
En 2008 suprimíronse as bonificacións.
Historial do Tour de Francia Os podios marcados coa frase "" son o resultado da decisión da UCI de eliminar a Lance Armstrong e a Levi Leipheimer do historial do Tour de Francia por dopaxe. Corredor20px18px18pxEdicións Bernard Hinault 5 2 0 8 Eddy Merckx 5 1 0 7 Jacques Anquetil 5 0 1 8 Miguel Indurain 5 0 0 12 Chris Froome 4 1 1 6 Greg LeMond 3 1 1 8 Louison Bobet 3 0 1 11 Philippe Thys 3 0 0 10 Nicolas Frantz 2 2 0 6 Antonin Magne 2 1 1 10 Ottavio Bottecchia 2 1 0 4 Gino Bartali 2 1 0 8 André Leducq 2 1 0 9 Laurent Fignon 2 1 0 10 Bernard Thévenet 2 1 0 11 Firmin Lambot 2 0 1 10 Alberto Contador 2 0 0 3 Fausto Coppi 2 0 0 3 Sylvère Maes 2 0 0 6 Lucien Petit-Breton 2 0 0 9 Óscar Pereiro Sío 1 0 0 6 Vicente López Carril 0 0 1 9 Pódios do Tour de FranciaEdiciónsPrimeiroSegundoTerceiro 2020 - - - 2019 Egan Bernal Geraint Thomas Steven Kruijswijk 2018 Geraint Thomas Tom Dumoulin Chris Froome 2017 Chris Froome Rigoberto Urán Romain Bardet 2016 Chris Froome Romain Bardet Nairo Quintana 2015 Chris Froome Nairo Quintana Alejandro Valverde 2014 Vincenzo Nibali Jean-Christophe Péraud Thibaut Pinot 2013 Chris Froome Nairo Quintana Joaquim Rodríguez 2012 Bradley Wiggins Chris Froome Vincenzo Nibali 2011 Cadel Evans Andy Schleck Frank Schleck 2010 Andy Schleck Denis Menchov Samuel Sánchez 2009 Alberto Contador (2) Andy Schleck 2008 Carlos Sastre Cadel Evans Denis Menchov 2007 Alberto Contador Cadel Evans 2006 Óscar Pereiro Andreas Kloden Carlos Sastre 2005 Ivan Basso Francisco Mancebo 2004 Andreas Kloden Ivan Basso 2003 Jan Ullrich Alexander Vinocurov 2002 Joseba Beloki Raimondas Rumšas 2001 Jan Ullrich Joseba Beloki 2000 Jan Ullrich Joseba Beloki 1999 Alex Zülle Fernando Escartín 1998 Marco Pantani Jan Ullrich Bobby Julich 1997 Jan Ullrich Richard Virenque Marco Pantani 1996 Bjarne Riis Jan Ullrich Richard Virenque 1995 Miguel Indurain (5) Alex Zülle Bjarne Riis 1994 Miguel Indurain (4) Pëtr Ugrumov Marco Pantani 1993 Miguel Indurain (3) Tony Rominger Zenon Jaskuła 1992 Miguel Indurain (2) Claudio Chiappucci Gianni Bugno 1991 Miguel Indurain Gianni Bugno Claudio Chiappucci 1990 Greg LeMond (3) Claudio Chiappucci Erik Breukink 1989 Greg LeMond (2) Laurent Fignon Pedro Delgado 1988 Pedro Delgado Steven Rooks Fabio Parra 1987 Stephen Roche Pedro Delgado Jean-François Bernard 1986 Greg LeMond Bernard Hinault Urs Zimmermann 1985 Bernard Hinault (5) Greg LeMond Stephen Roche 1984 Laurent Fignon (2) Bernard Hinault Greg LeMond 1983 Laurent Fignon Ángel Arroyo Peter Winnen 1982 Bernard Hinault (4) Joop Zoetemelk Johan van der Velde 1981 Bernard Hinault (3) Lucien Van Impe Robert Alban 1980 Joop Zoetemelk Hennie Kuiper Raymond Martin 1979 Bernard Hinault (2) Joop Zoetemelk Joaquim Agostinho 1978 Bernard Hinault Joop Zoetemelk Joaquim Agostinho 1977 Bernard Thévenet (2) Hennie Kuiper Lucien Van Impe 1976 Lucien Van Impe Joop Zoetemelk Raymond Poulidor 1975 Bernard Thévenet Eddy Merckx Lucien Van Impe 1974 Eddy Merckx (5) Raymond Poulidor Vicente López Carril 1973 Luis Ocaña Bernard Thévenet José Manuel Fuente 1972 Eddy Merckx (4) Felice Gimondi Raymond Poulidor 1971 Eddy Merckx (3) Joop Zoetemelk Lucien Van Impe 1970 Eddy Merckx (2) Joop Zoetemelk Gösta Pettersson 1969 Eddy Merckx Roger Pingeon Raymond Poulidor 1968 Jan Janssen Herman Van Springel Ferdinand Bracke 1967 Roger Pingeon Julio Jiménez Franco Balmamion 1966 Lucien Aimar Jan Janssen Raymond Poulidor 1965 Felice Gimondi Raymond Poulidor Gianni Motta 1964 Jacques Anquetil (5) Raymond Poulidor Federico Bahamontes 1963 Jacques Anquetil (4) Federico Bahamontes José Pérez Francés 1962 Jacques Anquetil (3) Joseph Planckaert Raymond Poulidor 1961 Jacques Anquetil (2) Guido Carlesi Charly Gaul 1960 Gastone Nencini Graziano Battistini Jan Adriaensens 1959 Federico Bahamontes Henry Anglade Jacques Anquetil 1958 Charly Gaul Vito Favero Raphaël Géminiani 1957 Jacques Anquetil Marcel Janssens Adolf Christian 1956 Roger Walkowiak Gilbert Bauvin Jan Adriaensens 1955 Louison Bobet (3) Jean Brankart Charly Gaul 1954 Louison Bobet (2) Ferdi Kübler Fritz Schär 1953 Louison Bobet Jean Malléjac Giancarlo Astrua 1952 Fausto Coppi (2) Stan Ockers Bernardo Ruiz 1951 Hugo Koblet Raphaël Géminiani Lucien Lazarides 1950 Ferdi Kübler Stan Ockers Louison Bobet 1949 Fausto Coppi Gino Bartali Jacques Marinelli 1948 Gino Bartali (2) Briek Schotte Guy Lapébie 1947 Jean Robic Edouard Fachleitner Pierre Brambilla 1940-1946 Non se disputou 1939 Sylvère Maes (2) René Vietto Lucien Vlaemynck 1938 Gino Bartali Félicien Vervaecke Victor Cosson 1937 Roger Lapébie Mario Vicini Leo Amberg 1936 Sylvère Maes Antonin Magne Félicien Vervaecke 1935 Romain Maes Ambrogio Morelli Félicien Vervaecke 1934 Antonin Magne (2) Giuseppe Martano Roger Lapébie 1933 Georges Speicher Learco Guerra Giuseppe Martano 1932 André Leducq (2) Kurt Stöpel Francesco Camusso 1931 Antonin Magne Jef Demuysere Antonio Pesenti 1930 André Leducq Learco Guerra Antonin Magne 1929 Maurice Dewaele Giuseppe Pancera Jef Demuysere 1928 Nicolas Frantz (2) André Leducq Maurice Dewaele 1927 Nicolas Frantz Maurice Dewaele Julien Vervaecke 1926 Lucien Buysse Nicolas Frantz Bartolomeo Aymo 1925 Ottavio Bottecchia (2) Lucien Buysse Bartolomeo Aymo 1924 Ottavio Bottecchia Nicolas Frantz Lucien Buysse 1923 Henri Pélissier Ottavio Bottecchia Romain Bellenger 1922 Firmin Lambot (2) Jean Alavoine Félix Sellier 1921 Léon Scieur Hector Heusghem Honoré Barthélémy 1920 Philippe Thys (3) Hector Heusghem Firmin Lambot 1919 Firmin Lambot Jean Alavoine Eugène Christophe 1915-1918 Non se disputou 1914 Philippe Thys (2) Henri Pélissier Jean Alavoine 1913 Philippe Thys Gustave Garrigou Marcel Buysse 1912 Odile Defraye Eugène Christophe Gustave Garrigou 1911 Gustave Garrigou Paul Duboc Émile Georget 1910 Octave Lapize François Faber Gustave Garrigou 1909 François Faber Gustave Garrigou Jean Alavoine 1908 Lucien Petit-Breton (2) François Faber Georges Passerieu 1907 Lucien Petit-Breton Gustave Garrigou Émile Georget 1906 René Pottier Georges Passerieu Louis Trousselier 1905 Louis Trousselier Hippolyte Aucouturier Jean-Baptiste Dortignacq 1904 Henri Cornet Jean-Baptiste Dortignacq Aloïs Catteau 1903 Maurice Garin Lucien Pothier Fernand Augereau Palmarés por países