miniatura Secundino García Casal, nado en San Sadurniño en 1965, é un político galego do BNG.

Traxectoria Traballador da industria madeireira local (Intasa). Encabezou a candidatura do BNG en San Sadurniño dende as eleccións municipais de 1991. Na primeira ocasión non acadou representación, pero posteriormente acadaría 1 concelleiro en 1995, 2 en 1999 (sendo a segunda forza) e 3 en 2003. Nas municipais de 2007 logrou 5 concelleiros e empatou co PPdeG, logrando que este perdese a maioría absoluta que ostentaba dende 1995, polo foi elixido alcalde logo de que acadase un pacto de gobernabilidade co único concelleiro electo do PSdeG-PSOE. En 2011 revalidou de novo a alcaldía, desta vez con maioría absoluta. Os mesmos resultados -BNG 7 concelleiros/as, PP 3 e PSdeG-PSOE 1- repetiríanse nos comicios de 2015, co que Secundino García volveu encabezar a formación de goberno en San Sadurniño. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absolutaConcello de San Sadurniño na FEGAMP, en novembro dese mesmo ano ocupa unha das vicepresidencias da FEGAMP.

En 2023 foi reelixido alcalde por quinta vez consecutiva.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en San Sadurniño

Categoría:Alcaldes de San Sadurniño Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en San Sadurniño Categoría:Nados en 1965