miniatura|250 px|O cancro facial do diaño de Tasmania causa tumores na boca e no rostro, dificultando a alimentación dos animais e levándoos a que morran de fame O cancro facial do diaño de Tasmania, tamén coñecido polas súas iniciais en inglés DFTD, é un cancro contaxioso que afecta os diaños de Tasmania.
Historia O primeiro rexistro da enfermidade remóntase a 1995Loh, Richmond. 2003. Tasmanian Devil (Sarcophilus harrisii) facial tumour (DFT). Comunicación presentada no Devil Facial Tumour Disease Workshop, Sir Raymond Ferral Centre, Universidade de Tasmania, Newnham, 14 de outubro de 2003, p. 2.Experts tackle the devil's tumour, BBC, 20 de febreiro de 2007., cando un fotógrafo de animais retratou tres individuos de diaño de Tasmania con deformacións faciais. As fotografías foron tomadas na costa leste da illa de Tasmania.
Na década seguinte, comezaron a proliferar os avistamentos, concentrados ao comezo na costa oriental da illa, e progresando cara ao oeste conforme pasou o tempo. As primeiras investigacións, que non se iniciaron ata 1998Mutation Devils, National Geographic Society. Dende 1995 ata 2005 a poboación da criatura na illa reduciuse entre un 20% e un 50%DPIWE. 2005. Devil Facial Tumour Disease - Update June 2005DPIWE. 2005. Tasmanian Devil Facial Tumor Disease, Disease Management Strategy Nas poboacións máis compactas do leste as cifras achegáronse ao 100% de mortalidades.DPIWE. Disease Affecting Tasmanian Devils .
As principais hipóteses de traballo para determinar as causas das malformacións cancerosas foron axentes químicos (como pesticidas e velenos), virus e bacterias. Porén, a distribución xeográfica dos primeiros casos (en parques nacionais onde era moi estraña a presenza de produtos químicos, así como os elevados niveis de inmunodeficiencia, mesmo nos individuos enfermos, levaron a descartar esas opciónsOwen, David and Pemberton, David. 2005. Tasmanian Devil: A unique and threatened animal. Crows Nest, Australia: Allen & Unwin. ISBN 1-74114-368-3. Non foi ata 2005 que un grupo de traballo liderado pola científica Anne-Maree Pearse propuxo a hipótese dun cancro contaxioso. Diversas análises posteriores confirmaron a hipótese ao identificar un patrón xenético no cancro distinto do dos animais portadoresPearse, A-M., Swift, K., Allograft theory: Transmission of devil facial-tumour disease, Nature, 2006, n. 439, 7076, px. 549Tasmanian devils felled by rare cancer, New Scientist, 1 de febreiro de 2006., é dicir, os animais recibían o cancro por contaxio doutro individuo, que tamén á súa vez o recibiría dun individuo anterior. A pregunta nese momento era por que un sistema inmunolóxico tan resistente coma o dos diaños de Tasmania non detectaba o cancro como un corpo estraño e o rexeitaba. A resposta atopárona os científicos na alta taxa de endogamia, nunha especie que estivo próxima da extinción nos anos corenta do século XX, e que se recuperou a partir de poucas cepas xenéticasLeung, Chee Chee: Extinction warning for Tassie devils, The Age, 4 de outubro de 2007..
Características miniatura|Cariotipo
Os signos máis visíbeis desta enfermidade son tumores externos, protuberantes e a miúdo en carne viva, que se presentaban no interior da boca, no contorno da boca, faciana e cabeza (85% dos casos) e ademais polo resto do corpo (15% dos casos). O tumor dificulta a alimentación do animal e acaba por matalo coa fame.
O cancro é un tumor neuroendócrino, e as súas células comparten un mesmo patrón de cromosomasBostanci, A., A Devil of a Disease, Science, 307 / 2005, px. 1035. A vía de transmisión principal é a trabada por parte doutro individuo, que inocula directamente as células cancerosas dende a súa boca na boca, cabeza ou corpo do outro individuo. Dado o comportamento agresivo destes animais, as feridas son frecuentes cando loitan pola comida ou no apareamento. Por esa razón o número de cancros era moito máis elevado en machos do que en femias, e practicamente non existía en individuos xuvenís.
Identificáronse cando menos nove cepas distintas deste cancro, que demostran que a enfermidade está a evolucionar e que se está a facer máis virulentaDisease Setback For Tasmanian Devil Tumour Evolving With Nine Strains Now Identified, The Examiner. A proliferación de cepas dificultou os intentos de atopar unha vacina, e podería dar lugar a que se transmitise a outras especies, coma o quoll.. O diaño de Tasmania ten 7 pares de cromosomas, mentres que as células tumorais só conteñen 13.
A enfermidade ten anomalías no cariotipo semellantes as do cancro canino de transmisión venérea ou CTVT, un tumor que afecta os cans e que se contaxia por contacto sexual.
Conservación da especie En resposta á virulencia da enfermidade, 47 individuos foron levados a parques naturais na illa de Australia para preservar a diversidade xenética da especie. Tamén se están a levar prácticas de eliminación selectiva dos individuos infectados, con algúns resultados satisfactoriosScientific American, marzo de 2007Contagious cancer: the evolution of a killer , David Quammen, Harper's Magazine, Abril de 2008..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do proxecto Save the Tasmanian Devil (Salva o diaño de Tasmania).
Categoría:Cancro Categoría:Doenzas infecciosas
de:Beutelteufel#Die Bedrohung durch DFTD