A historia de España abrangue a historia de España e a dos seus estados predecesores. Durante a Idade Antiga, a Península foi o lugar de múltiples colonizacións sucesivas de gregos, cartaxineses e romanos. Os romanos referíanse á península como Hispania, que dividirían en provincias. Como o resto do Imperio Romano de Occidente, Hispania estivo sometida ás numerosas invasións das tribos xermánicas durante os séculos IV e V, que provocaron o fin do dominio romano e o establecemento, do Reino Suevo e do Reino Visigodo, que marcaron o inicio da Idade Media na Península.
O control xermánico durou uns 200 anos ata que comezou a conquista Omeia en 711. A rexión pasou a coñecerse como Al-Andalus, e salvo os reinos cristiáns no norte da Península, a rexión permaneceu baixo o control dos estados liderados polos musulmáns durante os primeiros séculos. Os cristiáns do norte ampliaron gradualmente o seu control territorial, período que posteriormente sería coñecido como a Reconquista. A medida que se expandían cara ao sur, formáronse varios reinos cristiáns, entre eles o Reino de Galicia, o Reino de León, o Reino de Navarra, o Reino de Castela e o Reino de Aragón. Finalmente consolidáronse en dúas coroas aproximadamente equivalentes, a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón. O período moderno inicial data xeralmente da unión das dúas coroas en 1469.
A conquista de Granada e a primeira viaxe de Colón, ambas en 1492, converteron ese ano nun punto de inflexión na historia mundial, dando comezo ao era do colonialismo europeo. As viaxes dos diversos exploradores e conquistadores durante as décadas posteriores axudaron a establecer un imperio colonial español converténdose nun dos estados europeos máis poderosos da época. O rei Carlos V estableceu a dinastía española dos Habsburgo, baixo o seu fillo Filipe II floreceu o Século de Ouro. O Imperio Español alcanzou o seu pico territorial e económico, e o palacio do Escorial converteuse nun centro de florecemento artístico. Porén, o goberno de Felipe tamén viu a destrución calamitosa da Armada Invencible, numerosas quebras estatais e a independencia das Provincias Unidas do norte, o que marcou o inicio do lento declive da influencia española en Europa. O poder de España veuse finalmente frustrado na Guerra de Flandres, na que intentou e fracasou recuperar a República Holandesa, e na Guerra dos Trinta Anos, que resultou no continuo declive do poder dos Habsburgo a favor da dinastía borbónica francesa. As cousas chegaron a un punto crítico durante o reinado de Carlos II, cuxa incapacidade para procrear fillos deixaron en dúbida o futuro da coroa. Á súa morte, estalou a Guerra de Sucesión entre os Borbóns franceses e os Habsburgo austríacos polo dereito a suceder a Carlos II. Os Borbóns impuxéronse, o que provocou o ascenso de Filipe V, que levou a España ao inicio de distintas guerras para recuperar as terras anteriormente controladas polos españois no sur de Italia.
A aparente recuperación progresiva de España viuse truncada polas perdas durante a Era Napoleónica, cando España se converteu nun estado monicreque de Francia. Simultaneamente e despois do período napoleónico, as guerras de independencia hispanoamericanas provocaron a perda da maior parte do territorio americano. Durante o restablecemento do dominio borbónico en España, a monarquía constitucional foi introducida en 1813. Como en gran parte de Europa, a historia de España durante o século XIX foi tumultuosa, e contou con períodos alternados de dominio republicano e monárquico. A guerra hispano-estadounidense provocou a perda das posesións coloniais restantes e unha serie de ditaduras militares, durante as cales o rei Afonso XIII foi deposto e formouse un novo goberno republicano. En definitiva, a desorde política provocou un golpe militar que desembocou na Guerra Civil Española. Despois de moita intervención estranxeira por ámbolos bandos, os nacionalistas saíron vitoriosos; Francisco Franco dirixiu unha ditadura fascista durante case catro décadas coñecida como franquismo. A morte de Franco supuxo un retorno da monarquía borbónica baixo o rei Xoán Carlos I, que supuxo a posta en marcha do que sería coñecido como "transición española". En 1978 estableceuse unha nova Constitución e en 1986 España entrou na Comunidade Económica Europea (transformada na Unión Europea en 1992), e na Eurozona en 1998.
Prehistoria
esquerda|miniatura|Bisontes debuxados no teito da cova de Altamira cara 15000 a. C. O rexistro máis antigo de homínidos en Europa Occidental atopouse na cova de Atapuerca; unha ferramenta de sílex atopada alí data de hai 1,4 millóns de anos, e os primeiros fósiles humanos datan de hai aproximadamente 1,2 millóns de anos. Os humanos modernos en forma de Cro-Magnon comezaron a chegar á Península Ibérica dende o norte dos Pireneos hai uns 35 000 anos. O sinal máis conspicuo dos asentamentos humanos prehistóricos son as pinturas da cova de Altamira, no norte de España, que foron feitas c. 15000 a. C.
A evidencia arqueolóxica en lugares como Los Millares e El Argar suxire que existiron culturas desenvolvidas na parte oriental da Península Ibérica durante o Neolítico tardío e a Idade de Bronce. Ao redor do 2500 a. C., os pastores nómades agrupados dentro da cultura de cerámica cordada conquistaron a península utilizando novas tecnoloxías e cabalos mentres mataban a todos os homes locais segundo os estudos de ADN. A prehistoria da península esténdese ás culturas prerromanas da Idade de Ferro que controlaban a maior parte da Iberia: as dos iberos, celtiberos, tartessos, lusitanos, galaicos e vascóns e os asentamentos comerciais de fenicios, cartaxineses e gregos na costa mediterránea.
Idade Antiga
miniatura|Pobos da Península antes da conquistas cartaxinesas e romanas. Antes da conquista romana, as principais culturas da costa mediterránea eran os iberos na costa mediterránea, os celtas no interior e noroeste, os galaicos e lusitanos no noroeste e os tartessos no suroeste. Os mariñeiros fenicios, cartaxineses e gregos estableceron sucesivamente asentamentos comerciais ao longo da costa oriental e sur. O desenvolvemento da escritura na península produciuse despois da chegada dos primeiros poboadores e comerciantes fenicios (datados no século IX a. C. ou posteriores). miniatura|Expansión fenicia a través do Mediterráneo. O sur da península era rico en colonias fenicias arcaicas, sen comparación con ningunha outra rexión do mediterráneo centro-occidental. Eran asentamentos pequenos e densamente abarrotados. A colonia de Gadir (Cádiz), que mantiña fortes vínculos coa metrópole de Tiro, destacou do resto de colonias, cunha organización sociopolítica máis complexa. Os gregos arcaicos chegaron á Península a finais do século VII a. C. e fundaron colonias gregas como Emporion cara o 570 a. C.
Os gregos son os responsables do nome Iberia, ao parecer polo río Iber (o Ebro). No século VI a. C., gran parte do territorio do sur de Iberia pasou á influencia global de Cartago (con dous centros de influencia púnica en Gadir e Mastia ); este último agarre reforzouse a partir do século IV a. C. Os bárcidas, tras o seu desembarco en Gadir no 237 a. C., conquistaron os territorios que pertencían á esfera de influencia de Cartago. Ata o 219 a. C., a súa presenza na Península estivo apoiada polo control de lugares como Cartago Nova e Akra Leuké (ambas fundadas polos púnicos), así como a rede de antigos asentamentos fenicios.
A Península foi o teatro militar da Segunda Guerra Púnica (218 - 201 a. C.) que se levou a cabo entre Cartago e a República Romana, as dúas potencias que disputaban a supremacía no Mediterráneo occidental. Os romanos expulsaron aos cartaxineses da Península no 206 a. C.
Os pobos que coñeceron os romanos na súa invasión foron os iberos (habitando unha zona que se estende dende o nordeste da Península Ibérica ata o sueste), os celtas (habitaban maioritariamente o interior e o noroeste da península), os celtiberos(ao leste da Meseta Central e na zona do Sistema Ibérico, ricos ao parecer en metais preciosos obtidos polos romanos en forma de tributos), e finalmente na costa atlántica os lusitanos, galaicos, ástures e cántabros.
As Guerras Celtiberas disputáronse entre o avance das lexións da República Romana e as tribos celtiberas de Hispania Citerior dende o 181 ata o 133 a. C. Do 143 a. C. ó 139 a. C. unha revolta lusitana contra as lexións de Roma dirixida por Viriato consegue antes de fracasar varias vitorias. A conquista romana da península completouse no 19 a. C. coa finalización das guerras cántabras.
Dominación romana miniatura|Mapa do Imperio Romano coas dioceses creadas por Diocleciano (293 - 305) Hispania foi o nome empregado para referirse a Península Ibérica baixo o dominio romano a partir so século II a. C. A poboación foi romanizada culturalmente e economicamente, e os líderes locais foron admitidos nas clases aristocráticas romanas.
Os romanos ampliaron as cidades existentes, fundaron novas cidades e vilas e construíron infraestrutura ao logo de toda a Península. A economía e o comercio expandiuse, fornecendo de recursos como alimentos, aceite, viño e metais ao imperio. En Hispania naceron os emperadores Traxano, Hadriano e Teodosio I, o filósofo Séneca e os poetas Marcial, Quintiliano e Lucano. Os bispos hispanos celebraron o Concilio de Elvira ao redor do 306.
Invasións xermánicas
O colapso do Imperio Romano de Occidente non levou á mesma destrución total da sociedade clásica que ocorreu en outras provincias como a Britania, a Galia e a Xermania Inferior durante a Alta Idade Media, aínda que as institucións e as infraestruturas decaeron, deste período naceron as linguas ibéricas, a súa relixión e a base das súas leis.
Idade Media
Reinos xermánicos
miniatura|Reino suevo. miniatura|Provincia de Spania. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente no século V, partes de Hispania quedaron baixo o control das tribos xermánicas de vándalos, suevos. visigodos e alanos. Estableceuse o reino suevo na Gallaecia e partes da Lusitania no 406 (primeiro reino federado establecido na Europa continental), despois de ser rexeitados polos suevos o reino vándalo de Vandalusia na Bética e finalmente o reino visigodo despois do 410 foron aumentando a súa presenza ata que finalmente no 507, despois da derrota na batalla de Vogladum, puxeron a súa sede rexia en Toledo. O reino visigodo alcanzou o seu punto álxido co reinado de Leovixildo que anexionou Gallaecia ao reino suevo e a provincia de Spania aos bizantinos.
Reino visigodo
miniatura|En vermello o asentamento orixinal visigodo, en laranxa claro as perdas contra os francos e en laranxa escuro as pertenzas finais de Hispania e Septimania. O Liber Iudiciorum ou Lex Visigothorum (654), que Recesvinto promulgou, baseándose no dereito romano e as leis consuetudinarias xermánicas, provocou unha unificación legal no reino. A proximidade do reino visigodo ao Mediterráneo e a continuidade (aínda que reducida) do comercio mediterráneo occidental apoiaron ao seu fortalecemento. A clase dominante visigoda buscaba en Constantinopla estilo e tecnoloxía.
O período de goberno do reino visigodo viu a difusión do arianismo brevemente en Hispania. Os Concilios de Toledo debateron sobre o credo e a liturxia no catolicismo ortodoxo, e o Concilio de Lleida en 546 constrinxiu ao clero e estendeu o poder da lei coa aprobación do Papa. En 587, o rei visigodo de Toledo, Recaredo, converteuse ao catolicismo e puxo en marcha un movemento para unificar as distintas doutrinas relixiosas.
Feudalismo