The Offspring, ou simplemente Offspring, é un grupo de música punk rock estadounidense, formado en Huntington Beach (California), no ano 1984. A banda está integrada en 2021 por Bryan Dexter Holland e Noodles (os dous membros desde o principio da banda), e Todd Morse; outros membros foron Ron Welly, Atom Willard, Josh Freese, James Lijla, Jim Benton, Dough Thompson, o baixista Greg K que deixou a banda en 2019 e o percusionista Pete Parada, expulsado en agosto de 2021. Parada padece a doenza de Guillain-Barré (enfermedade do sistema inmunitario que ataca aos nervios), e decidiu non vacinarse da Covid por recomendación médica. Nun comunicado afirmou "Non teño sentimentos negativos cara á miña banda. Están facendo o que cren que é o mellor para eles, mentres eu fago o mesmo" e anunciou que ía colaborar musicalmente coa súa filla. Dexter Holland é doutor en bioloxía molecular cunha tese sobre VIH e ARN.
A banda é acreditada, xunto coas californianas Green Day e Rancid, por revivir o interese masivo polo punk rock nos Estados Unidos durante mediados dos anos 90. O seu último disco é Let the Bad Times Roll, publicado en abril de 2021, e até esa data The Offspring leva editados dez álbums de estudio, un recompilatorio, catro EPs e tres DVDs. Levan vendidos ao redor de 34 millóns de álbums en todo o mundo, sendo unha das bandas de punk rock con máis vendas de todos os tempos. Todos os álbums dende a edición do seu derradeiro traballo con Epitaph Smash venderon un mínimo dun millón de copias.
O 2 de agosto de 2021, o batería Pete Parada anunciou que fora despedido de The Offspring por negarse a vacinarse contra a COVID-19. Nunha entrevista en novembro de 2021, Holland e Wasserman detallaron os "obstáculos" que seguían atopando á hora de considerar o que sería necesario para organizar unha xira cun membro do grupo non vacinado, e afirmaron que a decisión se tomou "polo momento"; Non obstante, en agosto de 2021, Pete Parada anunciou que fora despedido non só da xira senón tamén do estudo.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Offspring 1989 Nemesis Records, Nitro Records Ignition 1992 Epitaph Records Smash 1994 Epitaph Records Ixnay on the Hombre 1997 Columbia Records, Epitaph Records Americana 1998 Columbia Records Conspiracy of One 2000 Columbia Records Splinter 2003 Columbia Records Rise and Fall, Rage and Grace 2008 Columbia Records Days Go By 2012 Columbia Records Let the Bad Times Roll 2021 Concord Records Supercharged 2024 Concord Records
Notas
Ligazóns externas
Web Oficial de The Offspring MySpace de The Offspring Canal Oficial no YouTube de The Offspring
Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de skate punk Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais do condado de Orange, California Categoría:Artistas de Epitaph Records Categoría:Grupos musicais formados en 1984