miniatura|dereita|Stratus opacus uniformis Os stratus ou estratos, abreviadamente St, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por seren unha capa de nubes xeralmente gris, con base uniforme, da que pode caer orballo, prismas de xeo ou cinarra. Cando o Sol é visible a través da capa, o seu contorno distínguese claramente. Ás veces preséntanse a xeito de farrapos esfiañados por embaixo doutras nubes.

Características Son nubes baixas que se poden producir a nivel do chan dando lugar á néboa, normalmente cando o tempo é anticiclónico. Cando aparecen por embaixo de altoestratos ou nimboestratos están asociados a unha fronte cálida. Por embaixo dos cumulonimbos, a unha treboada ou unha fronte fría.

Especies Stratus nebulosus. Stratus fractus.

Variedades Stratus opacus. Stratus translucidus. Stratus undulatus.

Véxase tamén Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes

Categoría:Xéneros de nubes