þingvellir (co carácter þ) é unha rexión do sueste de Islandia, preto da península de Reiquianes e da zona volcánica de Hengill. Historicamente é un dos lugares máis importantes de Islandia, pois o Alþingi, unha das institucións parlamentarias máis antigas do mundo, foi creado neste lugar.

Foi declarado parque nacional en 1928 debido á súa importancia histórica, así como polas súas especiais características tectónicas e volcánicas. A UNESCO, no 2004, declarouno Patrimonio da Humanidade.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Fotos en www.islandsmyndir.is Galería Thingvellir de Andy Carvin Fotos en www.icelandportfolio.com

Categoría:Parques nacionais de Islandia Categoría:Historia de Islandia Categoría:Patrimonio da Humanidade en Islandia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1930