Carlos Saúl Menem, nado en Anillaco, La Rioja, o 2 de xullo de 1930 e finado en Buenos Aires o 14 de febreiro de 2021, foi un político e avogado arxentino.
Foi presidente da Arxentina polo Partido Xusticialista dende 1989 a 1999, sendo o único presidente arxentino en ocupar o cargo durante dez anos consecutivos. O seu primeiro mandato foi dende 1989 até 1995, logo do de Raúl Alfonsín, e para poder presentarse a unha nova elección presidencial inmediata impulsou a Reforma da Constitución Arxentina de 1994, que tamén diminuíu a extensión do cargo a catro anos. Menem foi reelecto en 1995, e o seu segundo mandato estendeuse até 1999, sucedido por Fernando de la Rúa.
Foi tamén Senador Nacional pola Provincia da Rioxa.
Carlos Menem era irmán de Eduardo Menem, e estivo casado con Zulema Fátima Yoma. Con ela tivo dous fillos: Zulema María Eva Menem, coñecida mediaticamente como "Zulemita" para diferenciala da súa mai, e o falecido Carlos Saúl Facundo Menem. Menem divorciouse de Zulema Yoma e anos máis tarde casou con Cecilia Bolocco, con quen tivo outro fillo, Máximo Menem Bolocco. Menem divorciouse de Bolocco tamén. Menem tivo un fillo dunha relación extramatrimonial, Carlos Nair Meza Menem, cuxa paternidade recoñeceu durante o ano 2007.Carlos Menem recoñece en televisión a un fillo extramatrimonial
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina oficial de Carlos Saúl Menem
Categoría:Presidentes da Arxentina Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados na provincia da Rioxa Categoría:Senadores do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Córdoba