Francisco Xosé Neves Álvarez, nado en Ponteareas en 1969, é un escritor galego, máis coñecido como Kiko Neves.

Traxectoria É licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Recitou por vez primeira no XV Festival da Poesía no Condado, e desde entón ten participado en numerosos recitais.

Desde 1991 foi colaborador da publicación A Peneira, e desde 2003 éo de Novas da Galiza. Entre 1998 e 2001 participou no semanario satírico XO!, A Voz que para as bestas.

Obra Poesía Ruído de motos (Letras de Cal, 1997). Un poema de amor (Egasur, 1998). Centoonce (Xerais, 2005).

Narrativa Un baile de moscas (Xerais, 2001). O día que morreu Steve Macqueen (A porta verde do sétimo andar, 2010).

Obras colectivas Botella ao Mar (2003). Sempre mar. Cultura contra a Burla Negra (2003). Cartafol poético para Alexandre Bóveda (Espiral Maior, 2006). Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (Espiral Maior, 2007).

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do autor en Xerais Páxina persoal do autor

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes