San Pedro de Moreiras é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 806 habitantes (400 homes e 406 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia Moreiras ten restos arqueolóxicos do paleolítico na Piteira e O Loureiro, ademais da proximidade dos castros de Trelle.
Sábese que a aldea de Moreiras xa existía no século XI, debido a que nesa data comezouse a construír a igrexa románica primitiva de San Pedro de Moreiras. Nos séculos XVI e XVII fixéronse construcións señoriais e fidalgas, ademais das primeiras adegas para gardar o viño. Moreiras viviu un gran choque a finais do século XIX e principios do XX, cando a agricultura en auxe e a mellora das comunicacións coa cidade fixeron que o índice de mortalidade baixara e formáronse grandes familias.
Coa chegada da democracia creáronse institucións publicas como a Casa de Cultura, onde se involucraron diversas asociacións: AVM (Asociación de Veciños de Moreiras), AMR (Asociación de Mulleres Rurais) e a Asociación Cultural Breogán.
Patrimonio Igrexa parroquial miniatura A igrexa parroquial é un templo rural do século XVIII con restos románicos. A fachada é de decoración barroca, rematada por dúas torres desiguais, de traza renacentista con porta alintelada á que acompañan dous pares de columnas exentas. Barandel de pedra rematando no primeiro corpo da fachada. Rematado todo con pináculos e esculturas. Dúas torres: remate piramidal (norte) e na cúpula (sur). No interior destaca o retablo gótico con pezas de imaxinería de gran valor artístico. O altar maior é do século XVI presidido pola imaxe da Purísima. Ten planta de cruz latina que conserva no muro sur restos románicos (perpiaños e aspilleiras). Amosa unhas amplas dimensións, corpo levado sobre o cruceiro, e o presbiterio máis alto que a nave.
Monumentos miniatura|Vista de Moreiras. Casa reitoral do párroco de Moreiras Manuel Armada. Cruceiro e Fonte da Rúa Real (Jose L. Gil). Casa e cruceiro de Manuel Rego Nieto. Torre do Patín (Antiga casa do cóengo Alonso de Piña século XVI) Lavadoiros da Pedriña, da praza, das Pontellas e da Torre. Antigo muíño (Bouzo do Muíño). Petos de ánimas do Carme (antigo e novo) e o de San Roque. Casa e portón S. XVII-XVIII de Evaristo Vahamonde. Adega das festas (Adegas onde se formou o grupo musical Lamatumbá). Adegas dos Tinglados. Capela e cruceiro Das Airas. Praza do pobo Eladio Sabucedo. Pazo da Pereiriña (século XVII). Aira do Fornanvello. Fonte do bispo, igrexa, cruceiro e do Patín (século XVII) Fonte da praza, caliña e o pazo (séculos XIX - XX) Praza de Gustavo Rego. Portón da Rúa Real (á altura da canella do Galego). Praza da Seara.
Festas San Bráis, 3 de febreiro. San Pedro, 29 de xuño. Virxe do Carme. San Roque, 16 de agosto.
Deporte O equipo de fútbol local é o C.D.Moreiras, que actualmente milita na 2ª rexional. A vila dispón de dous campos de fútbol, un de area e outro de herba natural situados na contorna do sanatorio de Moreiras.
Tempo de lecer Os seus locais sociais son O Cantiño, A Casa do Peso, o Mesón Moreiras, o Café Asanti e a Casa da Cultura.
Lugares e parroquias Lugares de Moreiras
Parroquias de Toén
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén
Categoría:Parroquias de Toén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro