O nervio facial é o sétimo dos doce pares craniais. Asóciase con outro nervio, o intermediario de Wrisberg. Recolle información sensitiva do terzo anterior da lingua e leva información motora para os músculos da faciana. Tamén emite fibras cara aos ganglios do pescozo.
Ramos do facial Ramos intracraniais Nervio petroso maior: leva información parasimpática á glándula lacrimal. Corda do tímpano: recolle información sensitiva para as glándulas submandibular e submaxilar e para os dous terzos anteriores da lingua. Nervio motor para o músculo do estribo
Ramos extracraniais Nervio auricular posterior: controla movementos os músculos da orella. Ramo para o ventre posterior do digástrico Ramos maiores do facial (divídense na glándula parótide): Ramo temporal Ramo cigomático Ramo mandibular Ramo bucal Ramo cervical
Funcións do facial Motoras: leva información motora para os músculos da faciana. Sensitivas: recolle información gustativa do terzo anterior da lingua. Mixta: leva información cara ás glándulas salivares. Motora: move o músculo do estribo.
Núcleos asociados Núcleo facial Núcleo gustativo-solitario Núcleo salivar superior
Véxase tamén
Categoría:Pares craniais