Matilde Ucelay Maórtua, nada en Madrid en 1912 e finada na mesma cidade o 24 de novembro de 2008, foi unha arquitecta española, gañadora do Premio Nacional de Arquitectura de España en 2004.

Traxectoria

Filla de Enrique Ucelay e de Purificación Maortua. Titulouse en arquitectura no 1936, sendo a primeira muller en España que acadou tal título. Levou a cabo máis de 120 proxectos malia ser depurada en 1940 e condenada en consello de guerra a inhabilitación perpetua para cargos públicos (fora secretaria do Colexio de Arquitectos) e durante 5 anos para o exercicio profesional privado.

Recoñecementos No 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional Matilde Ucelay, na área de enxeñerías e arquitectura, que recibiron Inés Sánchez de Madariaga e Dolores Hayden.

Vida persoal Casou co editor José Ruiz-Castillo Basala, e a súa irmá Margarita foi a primeira muller de Ernesto Guerra da Cal.

Notas

Véxase tamén Bibliografía . Outros artigos Margarita Ucelay (irmá)

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid