A nutrición heterótrofa é a propia dos seres vivos que dependen doutros seres vivos (autótrofos ou heterótrofos) como fonte externa de moléculas orgánicas, por seren incapaces de sintetizar a súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas. É o caso das bacterias e os animais.

Salvo un pequeno grupo de organismos que producen enerxía a partir da luz e en ausencia de osíxeno (como é o caso das bacterias púrpuras) e que reciben o nome de fotoorganótrofos, a inmensa maioría extraen a enerxía a partir da materia orgánica, polo que reciben o nome de quimioorganótrofos. Son tódolos animais e fungos e a maior parte das moneras e arqueas.

Poden ser consumidores (se se alimentan de plantas ou animais vivos) ou descompoñedores.miniatura|Mantis femia devorando o macho trala cópula.|centro Véxase tamén Outros artigos Nutrición Nutrición autótrofa Oligótrofo

Categoría:Bioloxía