O Rosamar foi un barco arrastreiro portugués, que foi a pique nas costas galegas en decembro de 2008.

Características O barco foi construído en 1978, tiña casco de aceiro e 34 metros de eslora El armador del 'Rosamar' tiene "pocas esperanzas" de recuperar vivos a los desaparecidos El Correo Gallego, 6/12/08.

Era propiedade da empresa Pescarias Labayen, con sede en Matosinhos (Portugal), pero os seus propietarios son de Burela, onde posúen outras empresas como Pesquerías Savinela ou Pesquerías Veiga'Rosamar', nuevo drama tras el 'Siempre Casina' y el 'Nuevo Amadorín' , El Correo Gallego, 6/12/08. Despois de pertencer a distintas empresas portuguesas, en 2003 fora comprado polo último armador, e destinado a faenar con base de traballo nos portos de Burela e San Cibrao.

Cunha tripulación de 13 persoas, dedicábase á captura de pescada e xurelo.

O accidente O accidente produciuse o 5 de decembro de 2008, ás 8:45am hora local, probablemente como consecuencia do enganche das redesLos supervivientes relatan cómo el 'Rosamar' se hundió en "un minuto" tras engancharse un aparejo , El Correo Gallego, 6/12/2008. Nese momento o pesqueiro estaba situado a 24 millas ao noroeste do porto de San Cibrao.

No accidente pereceron tres tripulantes e quedaron cinco persoas máis desaparecidas. As vítimas eran de nacionalidade portuguesa (catro) e indonesia (catro). Os sobreviventes foron un mariñeiro indonesio e catro portugueses.

Notas

Categoría:Accidentes marítimos en Galicia Categoría:Arrastreiros Categoría:Naufraxios Categoría:2008 en Galicia Categoría:Barcos de 1978