Review é o primeiro álbum recompilatorio do grupo xaponés de Pop/Rock chamado GLAY, lanzado ó mercado o 10 de outubro do ano 1997 baixo o selo Platinum Records e producido Masahide Sakuma, que recolle as cancións e os singles máis populares da banda dende o álbum de 1994, "Hai to Diamond" ata o de 1996, "Beloved". O álbum alcanzaría a primeira posición nas listas de Oricon, e converteríase no terceiro álbum mellor vendido da historia no Xapón, con máis de 4.870.000 copias vendidas. O álbum manteríase cinco semanas consecutivas na primeira posición das listas de Oricon.
Lista de temas
# Título 1. 2. Kanojo no "Modern..." (彼女の "Modern…") 3. Beloved 4. More than Love 5. Sen no Knife ga Mune wo Sasu (千ノナイフガ胸ヲ刺ス) 6. Zutto Futari de... (ずっと2人で...) 7. Kuchibiru (口唇) 8. Rhapsody 9. However 10. Freeze My Love 11. Kissin' Noise 12. Kiseki no Hate (軌跡の果て)
Notas
Páxina de Review en Oricon
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Glay
Categoría:Recompilatorios de 1997