O Comité Olímpico Español (COE) é o comité olímpico nacional de España.

Historia e funcións

O seu obxectivo é organizar e coordinar a presenza de España nos Xogos Olímpicos. Creouse o 11 de xaneiro de 1924 en Barcelona, e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional. Ten a súa sede en Madrid. Desde o ano 2005 o presidente é o galego Alejandro Blanco.

Membros A asemblea do Comité Olímpico Español ten aproximadamente entre 150 e 200 membros. Algúns teñen carácter vitalicio, como aqueles que foron presidentes ou secretarios do propio Comité, ou membros do Comité Olímpico Internacional (antigos e actuais). Ademais, son membros os presidentes de todas as federacións olímpicas (as federacións españolas dos deportes olímpicos), e tamén as dalgunhas federacións non olímpicas, así como algúns membros (elixidos ou representativos) que ocupan as cotas dos xornalistas deportivos, os deportistas, os adestradores, as institucións políticas implicadas (deporte e Asuntos Exteriores) etc.

Presidentes do Comité Olímpico Español 1912-1921 Gonzalo de Figueroa y Torres, Marqués de Villamejor 1924-1926 Santiago Güell y López, Barón de Güell 1926-1931 Eusebio López y Díaz de Quijano, Marqués de Lamadrid 1933-1936 Augusto Pi Suñer 1941-1956 José Moscardó Ituarte, Conde del Alcázar de Toledo 1956-1967 José Antonio Elola-Olaso 1967-1970 Juan Antonio Samaranch, Marqués de Samaranch 1970-1975 Juan Gich Bech 1975-1976 Tomás Pelayo Ros 1976-1980 Benito Castejón 1980-1983 Jesús Hermida Cebreiro 1983-1984 Romá Cuyás 1984-1987 Alfonso de Borbón, Duque de Cádiz 1987-1998 Carlos Ferrer Salat 1998-2002 Alfredo Goyeneche, Conde de Guaqui 2002-2005 José María Echevarría y Arteche 2005-actualidade Alejandro Blanco

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do COE

España Categoría:España nos Xogos Olímpicos