Este artigo trata sobre a festa valenciana, para o artigo sobre a fractura de dúas rochas véxase Falla.

As Fallas (en valenciano: Falles) son unhas festas dunha semana de duración que se celebran durante o mes de marzo, na honra a San Xosé, na cidade de Valencia. Tamén se celebran, inspiradas nas da capital valenciana, noutras localidades da Comunidade Valenciana. Están declaradas Festas de Interese Turístico Internacional, e no ano 2016, a Unesco incluíunas na súa Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

Limiar miniatura|As Fallas. No catalán medieval, a verba falla servía para nomear os fachos que se colocaban no alto das torres de vixilancia. Deriva do latín facula. No Llibre dels Fets (a primeira das catro grandes crónicas de Xaime I, cítase que as tropas do Rei Xaime, levaban falles para alumear.

Caracterízanse fundamentalmente porque se plantan nas rúas monumentos ou esculturas, denominadas fallas, tradicionalmente, de madeira e cartón, aínda que hoxe en día fanse polo xeral de polistireno e madeira. Estes monumentos han de estar plantados antes do día 15 de marzo pola mañá (nit de la Plantà) queimándose catro días despois, a noite do día de Sant Josep á medianoite (nit de la Cremà).

As festas son orixinarias da cidade de Valencia, pero hoxe en día celébranse en moitos pobos do País Valenciano (por exemplo Alzira, Benicarló ou Gandia) e mesmo noutros países (coma na Arxentina).

A festa dunha cidade miniatura|Falla da Praza do Ajuntament 2008. As Fallas son unha festa cunha arraigada tradición na cidade de Valencia e poboacións circundantes. Actualmente, esta festividade converteuse nun atractivo turístico moi importante.

As súas orixes son realmente sinxelos, unha simple queima de refugallos dos talleres de carpintaría. Pero a inventiva do pobo valenciano foi aglutinando tódolos trazos propios da súa cultura e historia.

Poderíase dicir que son os entroidos da cidade de Valencia, onde toda a picaresca e crítica envórcase nos monumentos (de tal xeito que, ao queimalos, elimínanse os problemas e males), tamén nesta festa únense varios aspectos que definen unha cultura, eles son o lume, a música, a pólvora e a rúa.

Case en cada rúa da cidade hai un Casal Faller, que durante todo o exercicio procura fontes de ingreso para poder pagar a festa e o seu propio monumento. Amais, normalmente cada comisión consta tamén dunha comisión infantil, formada unicamente por nenos, que tamén prantan a súa propia falla. As fallas infantís miden, como máximo, 3 metros de diámetro e están compostas por figuras de estética máis próxima ao mundo dos nenos e xeralmente non mostran temas críticos.

Dende o 15 de marzo até o 19 de marzo os días e noites en Valencia son unha festa continua. Pero xa dende o 1 de marzo fanse mascletaes, espectáculo de petardos e fogos artificiais, no que se obteñen composicións musicais a través do ruído dos canóns de pólvora. Estes espectáculos teñen lugar na Praza do Concello, no centro da cidade, ás 14:00 horas. Algunhas comisións falleira] disparan mascletaes xunto os seus casals durante a semana falleira.

O total de fallas (386 en 2007) clasifícanse en categorías ordenadas por orzamento (Especial, Primeira [A,B], Segunda [A,B], Terceira [A,B,C],..., Sétima C), e dentro de cada categoría organízase un concurso no que se elixe a mellor falla. Para iso valóranse as diferentes calidades: monumentalidade, risco, temática, colorido etc. Tamén se elixe ao ninot indultat (o boneco indultado) que se salvará da fogueira. Estes premios non supoñen ningunha recompensa material, só a satisfacción do premio obtido, que se indicará cunha bandeirola na falla até o día da cremà. Aínda que os premios son un orgullo para as comisións de tódalas categorías, a protagonista nos medios de comunicación é a Sección Especial. Nesta participan as fallas máis caras da cidade, con custos que xa superaron os 720.000 euros. Diñeiro que se recada entre os falleiros de cada falla e doutros elementos por exemplo: premios recibidos, exposicións na rúa (rúas decoradas e/ou iluminadas), visitas polo recinto interior da falla ou a venda de lotarías. Nos últimos anos os patrocinadores comerciais cobraron grande importancia na economía das comisións falleiras que, sobre todo nas categorías máis importantes (Especial e RbD), constitúen a principal fonte de financiamento dos monumentos falleiros.

Aínda que o obxectivo das comisións é construír as fallas para a festa de Sant Josep, durante o resto do ano en cada casal realízanse actos festivos, culturais e sociais de todo tipo, que fan das comisións falleiras un dos principais eixos da vida asociativa e do armazón social de Valencia e os demais municipios onde se celebra esta festa.

Por último dicir, que as festas falleiras non se entenden sen bunyols (bolos de vento) e llepolia (delicia), típico manxar do País Valenciano.

As fallas coma monumentos

Habitualmente teñen carácter satírico sobre temas de actualidade. As fallas adoitan constar dunha figura ou composición central de varios metros de altura, as máis grandes pudendo superar os 30 metros (exactamente a Falla Nou Campanar 2007, con 32 metros, foi a máis alta e voluminosa da historia) rodeadas de numerosas figuras de cartón pedra (material que nos últimos anos está a ser substituído por outros máis modernos como o polistireno expandido, máis lixeiro e moldeábel, aínda tamén máis tóxico), sostidas por unha armazón de madeira. Inclúen letreiros escritos en valenciano explicando o significado de cada escenografía, sempre con sentido crítico e satírico.

Os artistas e artesáns, escultores, pintores e outros moitos profesionais dedícanse durante meses a construír monumentos que as diferentes comisións (en Valencia hai 386) contratan. As Fallas instálanse na rúa o 15 de marzo pola noite, o día de La Plantà (vén do verbo: plantar, non esquezamos a tradición agrícola deste pobo). Ultimamente, e dadas as dimensións dalgunhas fallas, o acto da plantà adiántase varias semanas (en 2008, Nou Campanar comezou a súa plantà o 27 de febreiro) sendo necesaria a axuda de guindastres. O acto no que se queima a falla denomínase a cremà (queima).

Como complemento aos letreiros, algunhas comisións editan un llibret (folleto) no que se explica mediante versos satíricos o contido da falla. Este xénero iniciouse no século XIX co autor Bernat i Baldoví, e experimentou o seu máximo auxe nos anos 50 e 60 do século XX, grazas a autores como Emili Panach ou José Bea Esquerdo.

As mascletàs miniatura|Mascletà. Exactamente ás 2 do mediodía hai a mascletà en cada barrio. A principal atracción é a Mascletà municipal na Plaça de l'Ajuntament onde os pirotécnicos compiten pola honra de facer a derradeira Mascletà o 19 de marzo, día de Sant Josep. As dúas en punto o reloxo sona e a Fallera Major aclama dende o balcón do Concello:

Senyor pirotècnic, pot començar la mascletà!

("Señor Pirotécnico, pode comezar a Mascletà!")... e a Mascletà comeza.

Son as preferidas polos valencianos e menos entendidas polos visitantes. Para entendelas é necesario estar próximos ao lugar onde se estouran, xa que non é cuestión de ver, senón de sentir e ouvir. Se te deixas levar polo ruído e o estrondo consegues unhas sensacións similares á audición dun concerto, conseguindo que o estrondo che envolva, e todo isto en cuestión de escasos minutos (5-7).

Basicamente componse de material terrestre e dun principio e final aéreo. No entanto estas composicións varían segundo o pirotécnico. Os petardos van unidos por mechas que están envolvidas en papel para que estas vaian máis rápidas. Segundo a variación das mechas, as cruces de varias filas, así como a distancia dos petardos, conseguen dar maior ou menor velocidade de disparo. Tamén acádanse diferentes efectos de sonoridade e sensación facendo que estouren no chan ou atados ás cordas que suxeitan as mechas.

As mascletàs teñen un orzamento aproximado entre 6.000 e 9.000 euros, no entanto algúns pirotécnicos poñen da súa parte para satisfacción do público. O pirotécnico que máis público atrae é V. Caballer.

Os castelos de fogos de artificio miniatura|La Cremà, no 2002 Els castells de focs artificials. Durante as festas falleiras, co Concello programa un Castell de Focs Artificials cada noite, que se dispara, dependendo do día, entre a 1:00 e a 1:30 horas na zona da Alameda xunto a antiga canle do río Turia.

O máis importante e espectacular dos castelos é o coñecido coma La Nit del Foc (A Noite do Lume) que se dispara a noite do 18 ao 19 de marzo (véspera do día grande da festa), onde miles de quilogramos de pólvora iluminan o ceo de Valencia, chegando a congregarse máis dun millón de persoas para presencialo.

Actividades falleiras A pesar dos múltiples e variados actos que se realizan por toda a cidade, existen algúns que son fixos; estes organízaos a Xunta Central Falleira. Descríbense a continuación por orde cronolóxica.

La Crida

La Crida (a chamada) é o acto no que a Fallera Major da cidade, reúne nas portas da mesma a tódalas comisións falleiras e realiza unha chamada á iniciación dos festexos a todos os valencianos e a tódolos visitantes.

Realizase dende hai moitos anos nas Torres de Serrans, consideradas a porta da cidade. A Fallera Major fai un discurso de exaltación ao estilo falleiro no que se convida aos valencianos e a todo o mundo á festa das fallas, e que acostuma a rematar coa frase:

Valencians, fallers, visquen les falles i visca València

("Valencianos, falleiros, vivan as fallas e viva Valencia")

Cavalcada del Ninot Cavalcada del Regne Cavalcada del Foc

Cabalgada do Lume. De recente instauración (2005), é unha proposta da delegación de Promoción Exterior da Xunta Central Falleira e de l'Associació d'Estudis Fallers (ADEF) para recuperar a tradición festiva valenciana, que data dos anos trinta do século XX, e que rescata o costume de que as comparsas de diaños e carrozas do deus Plutón prendan as fallas. Por iso realízase o día 19 de marzo pola tarde, a partir das sete do serán, ao longo do Carrer Colom até a Porta de la Mar, coma preludio á cremà das Fallas. Nela participan colles de dimonis de toda o País Valenciano, constituíndo un auténtico e espectacular Correfoc no mesmo centro histórico de Valencia.

Setmana Fallera Día 14 La plantá miniatura|Retoques durante la plantá. A plantà. É o acto de erixir os monumentos falleiros, máis coñecidos polo nome xenérico de fallas. Pola mañá realízase sobre os de categoría infantil e pola noite o resto de monumentos, sendo o prazo para estas até a madrugada, momento en que se presentará o xurado para cualificalas. Tradicionalmente este acto realizábase nun só día; este feito aumentaba a competitividade das comisións así como acrecentaba a emoción, xa que o monumento, de non estar totalmente acabado, era descualificado.

O modo de elevar a parte principal do monumento, realizábase por medio dunha colla de persoas pertencentes a falla. A cal se erixía dunha vez, denominándose plantà al tombe. Actualmente algunhas comisións querendo desmarcarse un pouco da competitividade están a tentar retornar ás súas orixes realizando a plantá na súa antiga modalidade.

Día 16 Recollida de premios Recollida de premios. Neste día iniciase a recollida de premios das fallas infantís, sendo para o día seguinte a entrega do resto de categorías. Comezan os castells (espectáculos de fogos de artificio) na vella canle do río Turia (días 15, 16, 17 e 18).

Día 17 L'Ofrenda miniatura|Plaça de la Verge trala Ofrena