{´sen referencias}}

Antonio Beccadelli, chamado Il Panormita, nado en 1394 e finado en 1471, foi un poeta e humanista italiano, escribiu principalmente en latín.

Traxectoria Pertencía á unha familia nobre de Boloña, os Beccadelli, seu pai Enrico di Vannino Beccadelli, un rico comerciante xogou un importante papel na política siciliana, servindo como pretor de Palermo en 1393, e nesa cidade naceu Antonio Beccadelli no ano seguinte.

Axudou a seu pai nos seus negocios e entusiasmouse cos estudos humanísticos.

Viaxes Beccadelli viaxou por numerosas cidades italianas, foi estudante de Gasparino de Bérgamo en Padua. En 1419 estableceuse durante algún tempo en Florencia, e despois desprazouse ata Siena para estudar xurisprudencia. Dirixiuse logo ata Boloña e alí permaneceu ata agosto de 1427. Volveu a Florencia e despois moveuse ata Roma, en 1429 viaxou a Xénova.

Residiu como convidado na corte do duque de Milán Filippo Maria Visconti en Pavia (1430-1433), completando alí os seus estudos.

Beccadelli e Afonso V de Aragón frame|dereita|Detalle de Afonso V de Aragón nun manuscrito

En 1434 trasladouse a Nápoles e fixo amizade con Giovanni Pontano quen o presentou na corte de Afonso V de Aragón en Nápoles, entrando ao seu servizo na corte, Beccadelli e Afonso comportían un grande amor pola cultura e mantiveron unha boa amizade, cando o duque de Milán fixo prisioneiro a Afonso, Beccadelli xogou un importante papel nas negociacións para o liberar. En Nápoles Beccadelli fundou a Academia Porticus Antonianus (1458). Despois da morte de Afonso serviu ao seu sucesor, Fernando I de Nápoles.

Hermaphroditus A obra máis famosa de Beccadelli foi Hermaphroditus (1425), unha colección de oitenta e un epigramas latinos, que evoca o eroticismo dos traballos de Catulo e Marcial, así como tamén das Priapea. A obra acabou sendo condenada e censurada como obscena por apoloxistas cristiáns como Antonio da Rho

Outras obras Escribiu Epistulae gallicae e Epistulae campanae, as dúas publicadas en 1474 e compilou De dictis et factis Alphonsi regis, panexíricos dedicados a Afonso V. Tamén escribiu a crónica Liber Rerum Gestarum Ferdinandi Regis (1438-1458).

Véxase tamén Ligazóns externas Panormita Antonio Beccadelli Panormita Medieval and Renaissance Italy: Early Renaissance Invective and the Controversies of Antonio da Rho Palazzo del Panormita Eugene O'Connor, "Panormita's reply to his critics: the 'Hermaphroditus' and the literary defense"

Categoría:Escritores de Italia Beccadelli, Antonio Categoría:Nados en 1394 Categoría:Finados en 1471