miniatura|250px|Fachada da casa do concello de Mataró, obra de Garriga i Roca de 1867 Miquel Garriga i Roca, nado en Alella en 1804 e finado en Barcelona en 1888, foi un arquitecto e urbanista catalán, fillo e neto de arquitectos.
Traxectoria Durante o seu período de arquitecto municipal de Barcelona, no ano 1858 realizou o levantamento dun plano topográfico do interior da cidade a escala 1:250, chamado popularmente «Quarterons Garriga i Roca». Tamén fixo uns planos topográficos de El Masnou, un en 1849 e outro no ano 1850.
Proxectou un plan para o Eixample barcelonés no ano 1857, que a pesar de ter sido aprobado, ao final realizouse a idea que presentou Ildefons Cerdà.
A súa obra máis famosa foi a construción do Gran Teatre del Liceu no ano 1845 sobre un antigo convento trinitario e inaugurado en abril de 1847.
Obras publicadas Revista Boletín Enciclopédico de Nobles Artes, varios artigos entre 1846 e 1847. Monografía del monasterio de Santa María de Junqueras de Barcelona en 1854.
Obras 1841 La Peixateria, lugar para a venda de peixe en Mataró 1845 Casa do concello neoclásico de Masnou, por encargo do alcalde Joan Rubis. 1847 Casa Fontrodona. Residencia de Àngel Guimerà na rúa Petritxol, en Barcelona. 1860 Cemiterio municipal de Masnou. 1860 Casa Farguell na praza Santa Anna, en Barcelona. 1864 Casa Martí i Fàbregas. Reformas dunha casa do século XVIII da rúa Portaferrisa de Barcelona. 1867 Fachada da casa do concello de Mataró. 1868 Reformas na Casa da Cidade de Barcelona
Bibliografía
Categoría:Arquitectos de Cataluña Categoría:Nados en Alella Categoría:Nados en 1804 Categoría:Finados en 1888