"Delightful" é o single número 16 e o primeiro lanzado baixo o selo avex trax, polo que se lle chama o do regreso, da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 24 de marzo do ano 2005 e producido por Max Matsuura.

Información

Avex trax xogou tódalas cartas que tiña dispoñibles para anunciar o regreso de Ami Suzuki á música, e con este novo single, fixeronse distintos formatos, cada un con remixes distintos. Ditos formatos foron CD, CD+DVD, CD+Photobook e CD+Illustration Essay. “DElightful” debutou no número dous das listas de sinxelos de Oricon na clasificación diaria, pero finalmente quedou na terceira posición no semanal, alcanzando unhas vendas moderadas.

A canción mostraba un estilo totalmente novo en Ami dende os seus antigos días en Sony Music, un estilo moito máis trance e de música electrónica de influencia europea, en xeral grazas a que o produtor foi Axel Konard, produtor de trance alemán.

Lista de temas

CD

# Título 1. Delightful 2. About You... 3. Hopeful ~OVERHEAD CHAMPION REMIX~ 4. Delightful ~Dub's Re-Start Mix~ 5. Delightful (Instrumental) 6. About You... (Instrumental)

DVD

# Título 1. Delightful (Music Clip) 2. Suzuki Ami Special Interview 3. Delightful (Off-Shot)

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas totaisSemanas23 de marzo de 2005Oricon Daily Singles Chart#223 de marzo de 2005Oricon Weekly Singles Chart#341,9361223 de marzo de 2005Oricon Monthly Singles Chart23 de marzo de 2005Oricon Yearly Singles Chart#10697,218

Categoría:Sinxelos de 2005