A praia de Santo Amaro é unha praia urbana da Coruña, de area branca e fina. Dispón de aseos públicos, duchas, vixilancia, salvamento, socorrismo e primeiros auxilios. Chegan ata ela as liñas de autobús 3A e 5.
En 1935 creouse xunto á praia o Club do Mar de Santo Amaro, que coa construción do dique de abrigo se trasladou ao lugar onde estaban as ruínas do castelo de Santo Amaro.
Actividades Na enseada celébrase cada verán dende 1935 a travesía a nado de Santo Amaro."La Travesía a nado de San Amaro batió su récord de participación" La Voz de Galicia, 30/8/2011 .Travesía de San Amaro, brillantes bodas de platino La Opinión A Coruña, 2/9/2020 . Tamén ten lugar nas súas augas a procesión marítima da virxe do Carme.Procesión marítima da Virxe do Carme
Sucesos Na praia de Santo Amaro faleceu afogado o poeta Aurelio Aguirre.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Coruña Sostible San Amaro en Turgalicia
Categoría:Praias da Coruña Categoría:Bandeira Azul