Angorén é un lugar da parroquia de Chapela, no concello de Redondela.
Localización
Esténdese dende o lugar de Laredo ata o Alto da Encarnación, onde se atopa un cruceiro, e antes había unha capela, chamada do Frade, e tamén un cemiterio. Máis arriba, cara a San Vicente, atópase o barrio de Riofrío, onde se atopan os restos do que foi o pazo de Riofrío do Marqués de Santillana, cuxo escudo estaba no paredón que quedaba do antigo pazo. Cando caeu o escudo, foi recollido por José Pérez Presa, que é o dono de todo que foi aquela propiedade. No barrio de Angorén, atópase a empresa Pescanova. Tamén está en Angorén a Empresa Frioya, moi importante en conxelados; e a Empresa Hermasa de construción de maquinaria.
Lugares e parroquias Lugares de Chapela
Parroquias de Redondela
Categoría:Lugares de Redondela