Khalifa bin Salman Al Khalifa (en ), nado o 24 de novembro de 1935 e finado o 11 de novembro de 2020, foi un xeque e político de Bahrain, primeiro ministro do seu país dende 1971, asumindo o cargo case dous anos antes da independencia de Bahrain o 15 de agosto de 1971. Foi o primeiro ministro co cargo máis duradeiro do mundo. Mantivo o seu posto até a súa morte, aínda que segundo a Constitución de 2002 perdera algúns dos seus poderes, e dende entón o rei tiña a autoridade de nomear (xunto co parlamento) e destituír os ministros. O rei Hamad bin Isa Al Khalifa é o seu sobriño.
Traxectoria O príncipe Khalifa naceu en Bahrain, sendo o segundo fillo de Salman bin Hamad Al Khalifa, Hakim de Bahrain, e a súa muller Mouza bint Hamad Al Khalifa. Foi educado no Instituto de Manama e na Escola de Palacio de Rifa en Bahrain.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Khalifa's biography – páxina oficial do Miniterio de Asuntos Exteriores Bahrainprimeminister.net – Páxina sobre Khalifa e a súa familia
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Primeiros ministros de Bahrain Categoría:Nados en Bahrain